Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O goberno de Carmela Silva destina preto de 200.000 ? para ampliar e mellorar a accesibilidade na alameda de Goian

Con estas achegas a Deputación de Pontevedra aprobou xa o 87,3% do orzamento que lle corresponde a Tomiño

Con estas achegas a Deputación de Pontevedra aprobou xa o 87,3% do orzamento que lle corresponde a Tomiño

Fecha: 24 de Junio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de axudas por valor de case 200.000 € para o concello de Tomiño. En concreto, con esta achega, o goberno local poderá ampliar e mellorar a accesibilidade na alameda de Goián.

Este novo investimento na vila súmase aos xa aprobados ata o momento e que supoñen o 87,3% do orzamento que lle corresponde a Tomiño ao abeiro do Plan Concellos 2017. Así, Tomiño recibiu xa 1.044.211,79 € a través dos cales vai poder poñer en marcha actuacións como a ampliación da accesibilidade na alameda de Goián e outras moitas como a mellora no terreo de xogo do campo de fútbol de Carballa; o acondicionamento da estrada Cristelos, cruce de San Miguel e a conexión co cemiterio de Barrantes; a reforma do patio da escola de Seixo; a senda peonil no Camiño Novo e o saneamento dos núcleos de Vilachán e Sanomedio. Amais, e tamén ao abeiro do Plan Concellos 2017, Tomiño está a contratar a 25 persoas este ano para poder garantir a prestación dos servizos municipais.

O goberno de Carmela Silva, con estas achegas aprobadas para Tomiño, leva xa distribuídos máis de 28,5 millóns de euros entre os concellos da provincia, é dicir, o 70% do Plan Concellos. Máis polo miúdo, 16,6 millóns de euros correspóndense coa liña 1, de investimentos, 3,6 millóns de euros coa liña 2, gastos, e 8,5 millóns de euros coa liña 3, emprego.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones