Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O goberno de Tomiño recibe no Concello á fotógrafa Pily Reñones, nominada aos premios Goya de fotografía

A alcaldesa felicitou á profesional e á súa familia e amigos, nun acto emotivo e íntimo

A alcaldesa felicitou á profesional e á súa familia e amigos, nun acto emotivo e íntimo

Fecha: 11 de Abril de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

A fotógrafa tomiñesa Pily Reñones foi recibida onte no Salón de Plenos, polo equipo de goberno de Tomiño, presidido pola alcaldesa Sandra González. Deste xeito, o equipo de goberno quixo ter un xesto de recoñecemento á fotógrafa, recentemente nomeada aos premios Goya de fotografía (que concede a Asociación de fotógrafos profesionais de Zaragoza), pola súa instantánea "Holanda", na que retrata a unha ancián de Riós (Ourense).

Nun acto emotivo e íntimo, Reñones, acompañada por familiares e amigos, agasallou ao Concello cunha copia enmarcada da súa fotografía nomeada. A alcaldesa, pola súa banda, fixo entrega á artista dunha peza de Sargadelos coa figura de Rosalía de Castro.
Sandra González, agradeceu o agasallo e felicitou á fotógrafa polo seu traballo relacionado coa visibilización da muller; "un tema co que estamos moi sensibilizados neste goberno, en aras de conseguir unha maior igualdade e poder das mulleres na nosa sociedade".

Pily Reñones expresouse longamente e moi emocionada para agradecer o recoñecemento do Concello, familiares, amigos e compañeiros de traballo, e para, a continuación, explicar a súa traxectoria profesional, que comezou cando era unha nena de apenas seis anos, co apoio incondicional dos seus pais.

Os seus numerosos premios no campo da fotografía e unha enfermidade que a afectou no ano 2011, e que superou sen secuelas, a animaron a seguir adiante até o mes de xaneiro pasado, cando recibiu a nomeación do Goya.

Fotógrafa consumada de vodas (máis de mil), asegura entre numerosas anécdotas, que o que máis lle gusta é facer fotos de autor, foto fixa para documentais (con Rubén Riós e outros), e concertos, como os que fixo con Pablo Alborán, Fito, Hombres G, María do Ceu ou Herdeiros da Cruz. Entre os seus proxectos máis importantes figura un viaxe a un campo de refuxiados grego, no que pasará 12 días facendo fotos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones