Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O GOBERNO LOCAL DE TOMIÑO LEVA A PLENO O PROCESO DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA E OS PROBLEMAS OCASIONADOS POLA PARALIZACIÓN DA VAC TREITO I

O goberno local presenta unha moción para que a Xunta resolva os problemas derivados da paralización das obras da VAC Treito I ao seu paso pola parroquia de Sobrada.

Ademáis, o pleno municipal acorda instar a Xunta a finalización do proceso de concentración parcelaria Estás-Goián-Figueiró.

Fecha: 26 de Febrero de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O goberno local de Tomiño leva ao seu primeiro pleno do ano 2016, as situacións de estancamento da VAC Treito I e do proceso de concentración parcelaria. O goberno local trasladou en forma de mocións a problemática derivada da paralización da VAC Treito II ao seu paso pola parroquia de Sobrada, instando a Xunta de Galiza a que se faga cargo das obras de mantemento e as melloras pertinentes tras o abandono das obras no ano 2008. Situación que está a causar un grave prexuízo para os veciños e veciñas xa que un dos barrios da parroquia, o Cruceiro, quedou dividido en dous pola infraestructura do VAC, obrigando dende entón aos usuarios e usuarias a transitar por pistas forestais en mal estado polo paso dos camións vinculados as obras da VAC e polo corte das antigas vías de acceso. A falta de investimentos no mantemento das obras levadas a cabo no 2008 poñen en perigo a seguridade viaria das familias que non teñen outras vías de acceso ás súa vivendas.

Máis de 400 veciños e veciñas da parroquia a través da Asociación de Veciños e Veciñas deron traslado ao goberno local da precaridade da situación solicitando o arranxo das vías afectadas pola paralización da obras e a construción dun paso elevado que garanta a seguridade de tránsito para as familias afectadas.

Por outro lado, o goberno local levou a pleno unha moción para instar a Xunta de Galicia a finalización da concentración parcelaria Estás-Goián-Figueiró. O proceso de concentración parcelaria que afecta ás parroquias de Estás, Goián e Figueiró está paralizado dende o ano 2007. A concentración parcelaria en Tomiño iniciouse no ano 1993 afectando a dúas zonas: Os Panascos e Estás-Goián-Figueiró. A primeira zona, Os Panascos, foi concluído no ano 2007 entregando o daquela conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, os títulos de propiedade. Desta intervención puideron beneficiarse o sector do viveirismo que ampliou as plantacións de planta ornamental.

A zona denominada Estás-Goián-Figueiró leva dende ese ano de 2007 no mesmo punto da tramitación, é dicir, está aprobado o acordo de concentración por parte da Dirección Xeral (dende novembro de 2006) e a execución do proxecto atópase no trazado e presentación de fincas (dende setembro de 2005). Faltan, polo tanto, a reorganización da propiedade e, por ende, a confección dos novos títulos de propiedade, acta de reorganización na que se inclúen xestións notariais, rexistro da propiedade, tramitacións con facenda,... e finalmente a entrega dos títulos.

Á día de hoxe a gran maioría das persoas integrantes das comisións de parcelaria teñen falecido, pola desproporcionada demora no tempo do proceso, e a falta de entrega de títulos dos terreos afectados polo proxecto de concentración parcelaria teñen suposto un lastre para o desenvolvemento de novos proxectos de emprendemento, e ten impedido que as persoas propietarias poidan dispor das súas propiedades para vender, avalar diante dun banco, ...

O goberno local entende que este é un proxecto prioritario para o desenvolvemento agrario e, tras recibir suxestión por parte dos veciños e veciñas das parroquias afectadas por medios dos colectivos veciñais, presentou unha moción para instar a Xunta de Galicia a que, por un lado axilice a tramitación e, por outro, a que as persoas propietarias poidan acceder a terra e que emprendedores poidan desenvolver de modo experimental novas iniciativas empresarias no sector agrario tal e como se fixera a través do antigo Banco de Terras.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, deu traslado ao pleno municipal da necesidade de instar a Xunta de Galicia a resolver estes dous frentes que afectan a tantos veciños e veciñas. Segundo González, "o proceso de concentración parcelaria ven sendo un lastre para os veciños e veciñas e para o propio sector viveirístico que ve minguadas as súas posibilidades de expansión e de competitividade por falta de solo". Sandra González, ademáis, deu traslado dos prexuizos que sufren os veciños e veciñas da parroquia de Sobrada pola paralización das obras da VAC no tramo I. Segundo González, "a paralización do treito I da VAC ten suposto un prexuizo aos veciños e veciñas que teñen que acceder ás súas vivendas e non teñen outro acceso que as pistas forestais que ademáis se atopan en mal estado porque foron empregadas polos camións de alto tonelaxe nas propias obras da VAC".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones