Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O GOBERNO MUNICIPAL DE TOMIÑO LAMENTA QUE O CDT ESTEA EN CONTRA DE CREAR PRAZAS DE APARCAMENTO PARA O COMERCIO DE TOMIÑO

Cando se creou o aparcadoiro agora existente o CDT estaba no goberno e agora na oposición opinán o contrario

Cando se creou o aparcadoiro agora existente o CDT estaba no goberno e agora na oposición opinán o contrario

Fecha: 10 de Enero de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O partido político CDT, que gobernou co BNG na pasada lexislatura en Tomiño e nesta presentouse na candidatura do PP, ven de solicitar no Concello que non cree máis zonas de estacionamento de vehiculos no Seixo.
O Concello de Tomiño está tramitando a creación dun novo aparcadoiro municipal no entorno da rúa Guarda para satisfacer as necesidades e demandas dos comerciantes e veciños da zona. O goberno local de Tomiño lamenta que o CDT intente facer política xogando co pan do pequeno comercio tomiñés para quenes é necesario este aparcamento e todos os que poida crearse para favorcer que os veciños e veciñas merquen en Tomiño.
Uxio Benitez, concelleiro de Urbanismo, lamenta a incoherencia e inestabilidade do partido CDT. "Non se entende tanto cambio de criterio pois cando estaban gobernando no 2008 aprobaron crear o primeiro aparcadoiro que supuxo 200 prazas de estacionamento e agora, por motivos políticos, están en contra deste segundo aparcadoiro para a zona da Rúa A Guarda que suporá máis de 200 novas prazas". Asimesmo, o concelleiro aclara que ante a petición de solución de estables do CDT "resulta que nesta lexislatura o goberno acometeu, co CDT votando en contra, a apertura dunha nova rúa no Seixo con creación de espazos públicos e 200 prazas de aparcamento definitivas".
Respecto das acusacións de "al margen del Plan General de Ordenación Municipal y seria una clara prevaricación urbanística", o concelleiro de Urbanismo lamenta a desinformación ou mala fé na explicación de legalidade urbanística e insta ao CDT que antes de sacar notas de prensa se asesoren nos servizos técnicos e xurídicos municipais que están tamén ao seu servizo. Antes de facer nengún contacto con ningún veciño, o departamento de urbanismo informou da legalidade urbanística deste aparcadoiro, pois a zona de cuestión está catalogada no Plan Xeral como Solo Rustico Común apto para urbanizar, e o uso de estacionamento de vehículos neste tipo de solo está permitido e é de competencia municipal, tal e como asi estabelecen o artigo 33.1, artigo 36 e o artigo 102 da LOUGA.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones