Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O goberno provincial aproba preto dun millón de ? da liña 2 do Plan Concellos para actividades municipais, pago de débedas e gasto corrente

No Baixo Miño, A Guarda recibirá 71.340,27 euros, O Rosal 34.930 euros e Oia 17.784,96 euros

No Baixo Miño, A Guarda recibirá 71.340,27 euros, O Rosal 34.930 euros e Oia 17.784,96 euros

Fecha: 04 de Febrero de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de darlle o visto bo á primeira concesión de subvencións do Plan Concellos 2019 correspondentes á Liña 2 para amortizacións, pago de débedas, gastos correntes e actividades, por valor de case 1 millón de euros. "Seguimos aprobando medidas que permiten aos concellos seguir adiante e pór en marcha actividades básicas para mellorar a calidade de vida da veciñanza, como poden ser programacións culturais, eventos turísticos e deportivos ou obradoiros educativos", explicou a presidenta provincial Carmela Silva.

Son 22 concellos os primeiros beneficiarios destas partidas da Liña 2 do Plan Co0ncellos 2019: Agolada, Bueu, Cambados, A Cañiza, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, Lalín, A Lama, Meis, Mondariz, Mondariz Balneario, Moraña, As Neves, Oia, Ponte Caldelas, Portas, Ribadumia, O Rosal, Sanxenxo, Silleda e Vilagarcía. En concreto, trátase de subvencións por un valor total de 972.436,85 euros. Permitiránlles aos municipios custear os gastos de amortización de débedas e gastos correntes, así como actividades municipais, tales como programacións culturais, obradoiros, actuacións musicais, festas e feiras ou actividades deportivas e educativas.

Máis polo miúdo, na comarca do Deza, Agolada recibirá unha partida de 2.000 euros para o Campus infantil e a liga de fútbol 7. Silleda contará con 71.127 euros para a recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e gasto corrente novo. Por un total de 101.643,64 euros, Lalín vaise beneficiar de achegas para financiar a XIV Bienal de Lalín, os campamentos deportivos de verán, o Orgullo 2019, o Festival Lusco&Fusco, o Certame de Mellora Estética de Lalín, o circuíto de Cine no Rural e un obradoiro de robótica para nenas e nenos.

Na comarca do Salnés, Cambados vai percibir 86.286,90 euros para o Nadal, Entroido, Semana Santa, a celebración do día das Letras Galegas e a Festa do Albariño. O Grove recibirá 8.561,78 euros para o Simposio Internacional de Esculturas e a Regata de Dornas. Un total de 42.700 euros serán para Meis para as Festas de San Bieito, a Festa dos Callos e a Semana Santa de Paradela. Ribadumia é beneficiaria dun total de 20.000 euros para a programación no Auditorio Municipal e para a exaltación do viño autóctono na Festa do Viño Tinto. A Sanxenxo vanse achegar 104.470,50 euros para o programa Sanxenxo no Verán, as festas patronais, o Entroido, ademais de carreiras e probas deportivas. Achegas por valor de 57.181 euros serán para Vilagarcía de Arousa co fin de financiar gastos de limpeza, aseo e enerxía eléctrica do Conservatorio Profesional de Música, para o Combate Naval, para o proxecto de prevención do ciberacoso e o bo uso das TIC´s e para o programa de educación en valores-Cinensino.

Na comarca do Condado-A Paradanta, A Cañiza vai recibir 50.140,63 euros para o pagamento a acredores de gasto corrente e acredores de investimentos. Mondariz percibirá 30.422 euros para o Ciclo de Corais, a Festa Gastronómica da Carne Arreghlada, o Cine de Verán na Rúa, a marcha BTT Montes de Mondariz, a 1ª Carreira de Orientación Mondariz e a Feira dos Oficios Artesáns. Pola súa parte, Mondariz Balneario vaise beneficiar de 9.447 euros para Actividades de Rúa Clow e Circo, actividades de narración oral, actividades de humor Nabiza Girl, Cine de Verán, animación con contacontos, actividades musicais e festa de animación infantil. Para As Neves achéganse 49.390,11 euros para a Festa do Tinto Rías Baixas, a Festa do Requeixo e do Mel e mailos programas Xogar na Rúa e As Neves en Imaxes.

No Baixo Miño, A Guarda recibirá 71.340,27 euros para a Carreira de Orientación, o Trail do Trega, a primeira Proba de Enduro, Deporte e Cultura Urbana, o programa Verán Deportivo, as Andainas 2019, a Feira de Emprego, a Gala do Deporte, material para Turismo 2019, actuacións musicais na Festa da Langosta, actividades culturais 2019, a tirada de fogos artificiais das Festas do Monte, a Galifornia Beat e a Festa das Letras. Un total de 34.930 euros serán para O Rosal para o Campamento de Verán, a Festa do Pilar, a Feira do Mirabel, a Mostra da Camelia, a Festa do Cabaqueiro, a Feira do Viño do Rosal e o programa de inmersión lingüística en inglés. Para Oia vanse achegar 17.784,96 euros para primeiros auxilios no deporte, concertos de primavera e verán, un obradoiro para fomentar o envellecemento activo, un obradoiro de teatro, para publicar material turístico e para impulsar actuacións como Rumbo ao Emprego e Coidados Psicosociais Básicos no Alzheimer.


Na comarca de Pontevedra, A Lama recibirá 43.352,83 euros para a Semana Cultural, o Entroido e a Festa do Codillo. Ponte Caldelas vai percibir 51.502,28 euros para actuacións musicais nas Festas das Dores. Para Portas vanse achegar 34.851,92 euros para a amortización de débeda e para Moraña irán 37.345,06 euros. Destinaranse para un obradoiro de tratamentos do coidado xeriátrico dos pés, para a carreira e trofeo de fútbol do Carneiro ao Espeto, concertos, un obradoiro de fisioterapia a domicilio e outro de prevención da saúde, para a Noite de Medo en Samaín e para un obradoiro lúdico-termal para persoas con diversidade funcional motora. Na comarca de Vigo, o concello de Fornelos de Montes vai recibir 35,292,16 euros para gasto corrente novo. Na comarca do Morrazo, vanse achegar para Bueu 12.666,81 euros para a reparación, conservación e mantemento de mobiliario urbano e deespazos públicos.

A través do Plan Concellos 2019, a Deputación pon a disposición dos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes un total de case 43,5 millóns de euros, o que supón un 3,3% máis que en 2018. Para a Liña 1 -Investimentos- destínanse un total de 30 millóns de euros, para a liña 2 -amortización, pago de débedas, gastos correntes e actividades- van un total de 3,9 millóns de euros e para a liña 3 -Emprego- achéganse máis de 9 millóns de euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones