Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL GDR 14 COMPLETA O PRIMEIRO PASO CARA Á CANDIDATURA DEFINITIVA

Os alcaldes e alcaldesas do territorio presentaron o primeiro documento xerado no proceso participativo: o diagnóstico socioeconómico e análise DAFO

Os alcaldes e alcaldesas do territorio presentaron o primeiro documento xerado no proceso participativo: o diagnóstico socioeconómico e análise DAFO

Fecha: 20 de Mayo de 2016

Fuente: GDR Maiv Baixo Miño

O Concello de Mos acolleu esta mañán o acto de presentación do documento resultado da primeira fase do proceso participativo no que o GDR 14 está inmerso: o diagnóstico socioeconómico e análise DAFO.
 
Os alcaldes e alcaldesas dos concellos que forman parte do Grupo de Desenvolvemento Rural 14 foron os encargados de presentar o documento, froito do esforzo e traballo de multitude de persoas do territorio que aportaron as súas ideas, propostas e visión nesta primeira fase do proceso.
 
A presentación definitiva deste primeiro texto pon fin á primeira das 3 fases que o GDR percorrerá ate acadar o texto final da estratexia local participativa para o Programa Leader Galicia 2014-2020.
 
Mediante un acto simbólico e a proxección dun video os rexidores presentaron o proceso presencial e telemático que se seguiu nas últimas semanas para a elaboración deste texto, e agradeceron a todas as persoas que participaron o seu traballo e compromiso co futuro do noso territorio.
 
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anfitriona do acto, foi a encargada de poñer a "luz verde" a esta primeira fase, e recalcou o agradecemento ás persoas que traballaron no proceso e o compromiso que o Concello de Mos ten co programa e co GDR 14.
 
Pola súa banda, a Presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural, Sandra Gonzalez, resaltou a boa marcha do proceso participativo e a importancia de acadar unha boa estratexia de desenvolvemento local que permita acceder ao Programa LEADER Galicia na mellor das posicións no novo periodo, como aposta e visión polo futuro do noso territorio.
 
Nas vindeiras semanas dará comezo a segunda fase do proceso participativo, na que se desenvolverán as liñas estratéxicas e o plan de acción do grupo en base ao desprendido da diagnose e o análise DAFO.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones