Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O grupo de desenvolvemento rural AGDR 14 MAIV-Baixo Miño, contará con máis de 3 millóns de euros para fomentar proxectos de dinamización

A principios de ano abrirase a convocatoria de solicitudes de axudas, para levar a cabo novas iniciativas de carácter privado e público

A principios de ano abrirase a convocatoria de solicitudes de axudas, para levar a cabo novas iniciativas de carácter privado e público

Fecha: 17 de Diciembre de 2016

Fuente: GDR14

A estratexia de acción presentada á convocatoria 2014-2020 do programa europeo Eixo-Leader, por parte do grupo de desenvolvemento rural AGDR 14 MAIV-Baixo Miño, vén de ser aprobada pola Xunta de Galicia.

Deste xeito, o pasado día 13 de decembro, a alcaldesa de Tomiño e presidenta do Grupo, Sandra González, asinaba con AGADER, o respectivo convenio de colaboración, que permitirá xestionar máis de 3 millóns de euros, co fin de fomentar o desenvolvemento das zonas rurais.

A aprobación desta estratexia dará continuidade aos programas Leader anteriores (a partir do período 2007-2013), cos que se xestionou un total de 136 proxectos públicos e privados, empresariais, ambientais e de dinamización, que supuxeron o investimento de preto de 6 millóns de euros de fondos públicos y máis de 13 de inversión privada. Esta inxección de capital permitiu consolidar proxectos empresariais de diversa índole, dirixidos a dinamizar o rural, así como a creación de máis de 400 postos de traballo. Un destes proxectos foi a construción da sede da Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade, en Tomiño, dentro do grupo de actividades de benestar social.

O Leader fixo realidade tamén 21 proxectos executados por comunidades de montes, como a de Couso, en Tomiño, con plantación de setas shiitake. Así mesmo, beneficiáronse entidades públicas, que puideron levar a cabo iniciativas como a senda do río Miño, entre Goián (Tomiño) e As Eiras (O Rosal).

O AGDR 14 MAIV-Baixo Miño está formado polos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tui e Tomiño, nos que habitan unhas 145.000 persoas.

A nova etapa de xestión do AGDR 14 terá tamén como propósitos, financiar iniciativas de mellora do nivel de vida no rural, fomentar a actividade empresarial, xerar emprego e riqueza, por en valor o patrimonio cultural e natural, etc.

Con este fin, a Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV Baixo Miño, convocou un procedemento de selección do equipo xestor do AGDR 14, para a provisión dunha praza de xerencia e dúas de persoal técnico, quedando como xerente Marco Antonio García e como técnicos, Eva Gil e Jenaro Abeledo.

O primeiro deles informou hoxe que a principios de ano se abrirá a convocatoria de solicitudes de axudas, para levar a cabo novos proxectos de desenvolvemento e dinamización do rural.

 

Medida LEADER 2014-2020
O enfoque Leader, como instrumento de desenvolvemento territorial integrado no nivel local, fomenta o desenvolvemento das zonas rurais, baseado nun sistema integrado, innovador e multisectorial, partindo dos recursos e necesidades endóxenas do territorio e dende unha perspectiva "de abaixo a arriba"
Un GDR é unha entidade de natureza asociativa sen ánimo de lucro, integrada por un grupo de socios públicos e privados locais dun territorio determinado e que deseña e aplica unha estratexia de desenvolvemento local para o seu territorio de actuación.
O GDR 14 abarca 13 concellos: Baiona, Fornelos e Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui
Na actualidade o grupo ten 224 entidades asociadas, públicas e privadas. Están organizadas en mesas sectoriais en función da súa natureza:
• Institucional
• Muller
• Montes e Medio Ambiente
• Desenvolvemento económico
• Veciñal, Cultural, Deportiva e Xuvenil
• Acción social
• Agro - Gandeira

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones