Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O GRUPO DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE TOMIÑO CONTA CUN NOVO VEHÍCULO

O concelleiro de Seguridade e Tráfico, Manuel Álvarez González, e o responsable do Grupo de Protección Civil, Francisco Bouzo, recolleron na Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada un Volkswagen Amarok.

O concelleiro de Seguridade e Tráfico, Manuel Álvarez González, e o responsable do Grupo de Protección Civil, Francisco Bouzo, recolleron na Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada un Volkswagen Amarok.

Fecha: 22 de Octubre de 2015

Fuente: Concello de Tomiño

O Grupo de Voluntarios de Protección Civil de Tomiño recibiron na mañán de onte un novo vehículo, aumentando a tres os vehículos cos que conta o Corpo de Voluntarios para atender os operativos de emerxencias.

O Grupo de Protección Civil de Tomiño está formado por voluntarios e voluntarias que de xeito permanente atende operativos de emerxencias. No que vai de ano realizou máis de 390 saídas. As áreas que cubre van dende accidentes en estrada a incendios urbanos e forestais.

Actualmente, o corpo está formado por 35 voluntarios e voluntarias. Este novo vehículo virá a mellorar o servizo que dende este corpo municipal se presta aos veciños e veciñas do Concello.

O Concelleiro de Seguridade e Tráfico, Manuel Álvarez González, e o responsable do Grupo de Protección Civil, Francisco Bouzo recolleron esta mañán un Volkswagen Amarok. O acto de entrega tivo lugar na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) xa que forma parte da subvención da Dirección Xeral de Emerxencias da que se beneficiou o Concello de Tomiño.

O novo vehículo é un Volkswagen Amarok con tracción 4x4 e adicarase a intervencións rápidas. O parque móbil de Protección Civil, ademáis de con este novo vehículo, conta dende o ano 2011 cun coche bomba Mercedes Bull adicado a operativos de incencios e dende o 2013 cunha furgoneta de 9 prazas Ford Transit que fora financiada integramente por fondos municipais.

Ademáis, deste parque móbil de Protección Civil, o Concello de Tomiño conta para servizos de seguridade e emerxencias cun Citröen C4 Cactus destinado ao servizo do Corpo da Policía Local. Tanto o novo Amarok de Protección Civil como o Citröen C4 Cactus da Policia Local son froito dunha subvención da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia pola cal se cedeu en propiedade os vehículos ao Concello de Tomiño neste ano 2015.

O Concelleiro de Seguridade e Tráfico, Manuel Álvarez González,destacou o traballo desinteresado dos membros do Grupo de Protección Civil. Segundo Álvarez "Protección Civil presta servizos de relevancia como poden ser accidentes ou incendios. O seu papel non é nada desdeñable xa que moitas veces son os primeiros en chegar a escenarios de emerxencias. Por ese motivo e dada a importancia do seu traballo, os seus membros están continuamente formándose en cursos de primeiros auxilios e perfeccionando os seus coñecementos en temas de emerxencias"
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones