Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación

Ante a moción do PP para reprobar a Pedro Sánchez -en repulsa á cacería que está a sufrir o presidente do Goberno e que pon en xaque a nosa democracia-

Ante a moción do PP para reprobar a Pedro Sánchez -en repulsa á cacería que está a sufrir o presidente do Goberno e que pon en xaque a nosa democracia-

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Abril de 2024

Fuente: PSdeG-PSOE

O Grupo Provincial do PSdeG-PSOE abandonou hoxe o Pleno da Deputación de Pontevedra en sinal de repulsa pola moción do Partido Popular para a reprobación de Pedro Sánchez, “nunha nova acción enmarcada na cacería da dereita e da ultradereita contra o presidente do Goberno de España que está a poñer en xaque a nosa democracia”.

A portavoz socialista, Ana Laura Iglesias, xunto aos oito integrantes do Grupo Provincial, mostrou a súa indignación ante a actitude do goberno do PP de Luís López que “lonxe de contribuír á estabilidade dunha institución como é a Deputación, segue a bailar ao ritmo que marcan Feijoo e Génova traendo a este pleno o ruído e a vergoña que como oposición o Partido Popular está a xogar en Madrid e que tanto dano está a facer ao noso Estado de Dereito”.

Iglesias cualificou de inaudito que se utilicen institucións como a Deputación de Pontevedra “para facer dano gratuíto, cando non ten nada que ver coa política provincial, e denunciou que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado con destruír coas armas que sexan ao Presidente do Goberno de España”.

A portavoz expresou “o apoio total e sen fisuras” a Pedro Sánchez nun momento no que, amais, se está a demostrar a enorme necesidade que este país ten da súa presidencia para frear esta onda reaccionaria e retrógrada de involución, mentiras, bulos, fake news e descrédito na que están sumindo ao Estado”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí