Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O himno por Andrea Pousa conmemora o centenario do pasamento de Pondal

O novo proxecto audiovisual O Himno por Andrea Pousa, producido por Queiman e Pousa con arranxos de Nani García

O novo proxecto audiovisual O Himno por Andrea Pousa, producido por Queiman e Pousa con arranxos de Nani García

Fecha: 01 de Junio de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

O novo proxecto audiovisual O Himno por Andrea Pousa, producido por Queiman e Pousa con arranxos de Nani García, conmemora o centenario do pasamento de Eduardo Pondal, autor da súa letra, e o cento décimo da estrea do himno galego no Teatro Nacional da Habana. O compostelán Pazo de San Roque acolleu hoxe pola mañá o acto de presentación, no que participaron, canda aos seus autores, Enrique Domínguez (O Bruxo Queiman) e a tomiñesa Andrea Pousa, os secretarios xerais de Política Lingüística e da Emigración, Valentín García e Antonio R. Miranda, respectivamente, e mais a directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns.

García Gómez sinalou durante a súa intervención que "Galicia ten himno e escudo de seu. Iso di o artigo sexto do noso Estatuto de Autonomía. Estes son, xunto coa bandeira, os símbolos nos que todos os galegos e galegas nos recoñecemos. Mais o himno ten unha particularidade que o une dunha maneira especialmente estreita á cerna de Galicia: está feito de música e de palabras, é poesía, poesía en galego".

O titular de Política Lingüística destacou que "se fala moito hoxe en día da importancia da imaxe pero a palabra poética pode ser igualmente impactante e emotiva. E a lingua, que unha persoa pode levar consigo sen que aumente o peso da maleta mesmo na longa travesía da emigración, é un elemento identitario fundamental. O himno galego únenos a todos os galegos e galegas. Aos de Galicia e aos da emigración".

Creación orixinal e única do pobo galego
Valentín García explicou que o himno é elemento de unión porque "está escrito na lingua en que todos nos recoñecemos, a lingua que é creación orixinal e única do pobo galego", ademais de polo feito de que "se xestou e se estendeu como himno identificador noso co empuxe dos galegos de Galicia e dos galegos de América". Deste xeito, o secretario xeral de Política Lingüística concluíu que "é de agradecer este proxecto ,que coloca no seu centro o himno galego, a divulgación da súa xestación e historia e unha interpretación renovada da composición que nos permite recordar máis vivamente as súas mensaxes de unión e de futuro".

O acto, que foi conducido polo xornalista Terio Carrera, tamén contou coa participación do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; do compositor, músico e produtor musical Nani García; do presidente da Asociación Santo André de Teixido, Ramón Tudela Guerrero; do presidente da Fundación Eduardo Pondal, Xosé Lois García; e do cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa.

Un documental, dous videoclips e un libro
O proxecto audiovisual O Himno por Andrea Pousa está producido por Queiman e Pousa (Enrique Domínguez) e Andrea Pousa e revisa e actualiza o himno galego composto por Eduardo Pondal e Pascual Veiga con arranxos musicais de Nani García. Inclúe un documental, dous videoclips, un making of e unha unidade didáctica para ensino primario e secundario.

O documental está baseado en entrevistas con diferentes fundacións de autor galegas (Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Rosalía de Castro...) e a destacados persoeiros da cultura e da lingua galegas (Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Méndez Ferrín, Antonio Reigosa...). Os videoclips conteñen a interpretación do himno galego por Andrea Pousa, acompañada pola Macedonian Symphonic Orchestra e outros músicos de Galicia, con arranxos de Nani García.

Pola súa banda, o making of dá conta das diferentes rodaxes e visións sobre o novo proxecto, mentres que o libro recompila información acerca da historia do himno a través doutras 18 entrevistas. O proxecto conta coa colaboración da Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí