Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O historiador Xoán Martínez Tamuxe, pregoeiro do Corpus Christi de Ponteareas

Natural do Rosal, exerceu como profesor en distintos colexios de Ponteareas e foi cofundador do Instituto de Estudios de A Paradanta y Condado do Tea

Natural do Rosal, exerceu como profesor en distintos colexios de Ponteareas e foi cofundador do Instituto de Estudios de A Paradanta y Condado do Tea

Fecha: 24 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Ponteareas

O goberno local de Ponteareas ven de nomear a Xoán Martínez Tamuxe, historiador, arqueólogo e investigador como pregoeiro do Corpus Christi 2017.
Natural do Rosal, vivíu vinculado a Ponteareas a través da súa traxectoria profesional desempeñando a súa labor como profesor en distintos colexios e academias da vila.
Premio Literario I Certame Xornalístico da Cidade de Tui (1973), Tamuxe foi correspondente e colaborador dos xornais El Pueblo Gallego, La Hoja del Lunes, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, A Peneira, etc., así como correspondente de Radio Popular de Vigo en Baiona.

Colaborador, así mesmo, das revistas do Museo de Pontevedra, Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui, Pontevedra Arqueolóxica, Pregón e Soberosum de Ponteareas, etc. Dende 1987 é o director do Boletín Informativo Municipal do Rosal, así como da colección Memoria da Festa do Cabaqueiro.

En 1996 a Agrupación Cultural Guardesa dedicoulle o Día das Letras Galegas en homenaxe a súa traxectoria histórico-literaria no Baixo Miño.

Exerceu como profesor en colexios e academias de Ponteareas, A Guarda e Baiona. Cofundador do Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño (1968), do Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui (1974), da Biblioteca, Museo Etnográfico e Boletín Histórico Cultural do Concello do Rosal, así como do Instituto de Estudios de A Paradanta y Condado do Tea (2003).

É membro do Instituto Padre Sarmiento (Sección de Arqueoloxía) de Santiago de Compostela (1979), da Asociación Colegial de Escritores de España (1982), Grupo de Arqueoloxía Alfredo García Alén de Pontevedra (1983), membro colaborador do Departamento de Prehistoria da Universidade de Santiago (1984).

Dende o ano 2007 é o presidente do Instituto de Estudios Tudenses.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones