Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O IEM descobre este xoves o Camiño da Nosa Señora do Norte en Tebra-Tomiño

O xoves 29 de agosto terá lugar a última das Xeiras de verán 2019 do IEM coa colaboración do concello de Tomiño titulada Camiño da Nosa Señora do Norte. Ollando cara a Tebra.

O xoves 29 de agosto terá lugar a última das Xeiras de verán 2019 do IEM coa colaboración do concello de Tomiño titulada Camiño da Nosa Señora do Norte. Ollando cara a Tebra.

Fecha: 29 de Agosto de 2019

Fuente: IEM

AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2019 TOMIÑO. O CAMIÑO DA NOSA SEÑORA DO NORTE. OLLANDO CARA A TEBRA. Xoves 29 de agosto ás 18:30H.

O xoves 29 de agosto terá lugar a última das Xeiras de verán 2019 do IEM coa colaboración do concello de Tomiño titulada Camiño da Nosa Señora do Norte. Ollando cara a Tebra. Será guiada por Antonio Soliño Troncoso.
O percorrido estará acompañado de dúas intérpretes en lingua de signos.
DATA- Xoves 29 de agosto.
LUGAR- Tomiño.
HORA-18:30h
LONXITUDE- 3´80 km.
DURACIÓN- 3h.
PUNTO DE ENCONTRO- Igrexa parroquial de Santa María, en Tebra.

AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2019

TOMIÑO. O CAMIÑO DA NOSA SEÑORA DO NORTE.
OLLANDO CARA A TEBRA.

Guía
ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO
Durante esta xeira, continuidade das que levamos realizando os últimos anos, veremos e comentaremos retallos dun notable patrimonio histórico, etnográfico e artístico. Falaremos de seculares formas de ordenación do territorio, trataremos arquitectura vernácula, lembraremos ritos e costumes creados para aplacar medos e angustias emocionais da xente do rural respecto do alén e transitaremos por belos espazos románicos ideados e construídos por mestres canteiros do século XII. Na distancia sempre a imaxe da renacentista Torre de Tebra, a cuxo fundador visitaremos na súa tumba. Todo durante as aproximadamente tres horas que nos levará percorrer os 3,80 quilómetros dun tramo de camiño afectado de mínima dificultade. O punto de encontro é a igrexa parroquial de Santa María, en Tebra. Prégase puntualidade. O percorrido será acompañado de intérpretes de lingua de signos.
O Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago sepárase do central en Barcelos -Portugal- e logo de pasar polos concellos de Viana do Castelo, Camiña e Vila Nova de Cerveira entra en Galicia por Goián. A primitiva barca tiña desembarcadoiro ao pé da Fortaleza de San Lourenzo e tras bordear o Pazo-Torre dos Correa a vía pasa a Estás e logo ao Mosteiro e ao Seixo, en Tomiño, para continuar por Pousadela e Hospital, onde o topónimo fai referencia ao que existiu para peregrinos dende cando menos 1295. A continuación tira cara a Tebra e a seguir sobe por Cima de Vila para entrar no municipio de Gondomar pola Portela de Couso. Parte deste último tramo rodeado de campos de millo e viñas emparradas é o obxectivo desta xeira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones