Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O II Campionato Galego de Slálom Inclusivo remata o sábado en Goián

O Concello de Tomiño acolle este sábado no seu antigo embarcadoiro a derradeira proba do Campionato.

O Concello de Tomiño acolle este sábado no seu antigo embarcadoiro a derradeira proba do Campionato.

Fecha: 02 de Septiembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Dende as 11:00 horas deste sábado, 2 de setembro, terá lugar no embarcadoiro de Goián a VI e derradeira proba do Campionato Galego de Slálom Inclusivo. A duración aproximada é dunhas 3 horas e a entrega de premios para as persoas gañadoras está prevista entorno ás 17:00 horas da tarde.

O torneo, que celebra este ano a súa segunda edición, está integrado por 15 equipos de dúas persoas cada un, no que alomenos unha delas ten algún tipo de discapacidade. A clasificación xeral atópase moi axustada, polo que esta última proba será decisiva especialmente para os primeiros equipos da táboa, que se xogarán o título esta fin de semana.

Trátase dunha proba de slálom, relativamente sinxela e similar a unha xincana, na que as persoas participantes deben axustarse ao máximo a un tempo estipulado pola organización. O Club Náutico Sen Amarras, leva 4 anos coa súa actividade, integrando a través do deporte a persoas con e sen discapacidade.

As probas anteriores tiveron lugar en diferentes puntos da xeografía galega coma Castrelo de Miño, Boiro, Tui, A Garda e Portosín, e dende a organización do Campionato esperan poder continuar o ano próximo co seu crecemento e expansión por Galicia, visitando tamén a provincia de Lugo.

Tanto a Federación Galega de Motonáutica coma o Club Náutico Sen Amarras, coa colaboración do Concello de Tomiño e outras entidades, organizan esta competición buscando a inclusión social e fomentando a accesibilidade aos deportes náuticos para todos e todas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones