Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O mercado de Tomiño convértese no primeiro en obter o selo de excelencia que outorga a Xunta

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria entregou este mediodía á alcaldesa de Tomiño o distintivo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria entregou este mediodía á alcaldesa de Tomiño o distintivo

Fecha: 13 de Diciembre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, entregou hoxe á alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o distintivo de Mercado Excelente para o mercado municipal, converténdose este no primeiro de Galicia en contar con este selo que outorga a Xunta de Galicia.

O acto, presidido polo conselleiro e a alcaldesa de Tomiño, contou tamén coa asistencia da directora xeral de Comercio e Consumo, Sol María Vázquez Abeal; o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, ademais de concelleiros e representantes do Centro Comercial Aberto de Tomiño.

Conde sinalou que o selo de excelencia é un recoñecemento ao traballo colectivo, salientando o esforzo das distintas partes implicadas. Así, apuntou que o Concello de Tomiño apostou por estas instalacións, contando co apoio da Xunta, e resaltou de xeito especial a implicación dos praceiros e praceiras, que "coa súa profesionalidade converten o mercado tomiñés nun emblema de calidade e excelencia". Do mesmo xeito, subliñou o respaldo da cidadanía, que comprando no mercado día a día potencia un punto de encontro no que o comercio, a gastronomía e as actividades de ocio van da man, no que pemes e autónomos desenvolven a súa actividade de forma competitiva, creando riqueza e emprego. Francisco Conde anunciou que, para que máis mercados avancen neste camiño, o próximo ano, a Consellería de Economía, Emprego e Industria porá en marcha unha nova orde de axudas, na que os Mercados Excelentes terán preferencia.

"O mercado de Tomiño acada o selo de Mercado Excelente pola súa resposta aos retos de modernización e innovación sen perder a súa autenticidade e tradición, así como pola proximidade e o trato personalizado", explicou o conselleiro. Á hora de conceder este recoñecemento, a Xunta valorou catro grandes áreas: a imaxe do mercado, instalacións e accesibilidade; a organización, unidade de xestión e profesionalidade dos praceiros e praceiras; a atención ao cliente e a prestación de servizos, e a implicación e integración do mercado na vida social do concello.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, pola súa banda, agradeceu o traballo realizado polos técnicos e praceiros e praceiras para conseguir que o mercado de Tomiño, obtivese o distintivo de excelencia, o que significou moitas horas de traballo e dedicación. A rexedora tivo tamén palabras de agradecemento para a Xunta de Galicia e para o seu equipo de goberno, especialmente, para o concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione, cuxa labor influiu para conseguir este distintivo, o primeiro que se entrega en Galicia. Por último, González agradeceu o apoio decidido da cidadanía que vén comprar ao mercado habitualmente, facendo desta infraestrutura e arredores un eixo vertebrador do municipio.

A alcaldesa comentou tamén que o mercado e a súa contorna son o mellor escaparate dos produtos de calidade da comarca, supoñendo ao mesmo tempo, un bo reclamo turístico, e mantendo a súa esencia: a calidade, a proximidade e unha oferta diversificada de produtos frescos de calidade.

A reforma, no ano 2014, supuxo un investimento de máis de 600.000 euros e tivo coma obxectivo a dinamización da economía local a través da creación dun centro de comercio na localidade, que fora ao mesmo tempo polo de atracción para novos emprendedores e lugar de encontro para a veciñanza.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones