Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O MERCADO DE TOMIÑO HERMÁNASE CUNHA LOCALIDADE INGLESA NA CAMPAÑA -QUERE O TEU MERCADO-

Dentro da iniciativa, o sábado 28 de maio, celebráse outra edición de -Sábados con sabor-; na que os clientes poden degustar dúas tapas de comida saudable e dous viños, por tan so 5 euros

Dentro da iniciativa, o sábado 28 de maio, celebráse outra edición de -Sábados con sabor-; na que os clientes poden degustar dúas tapas de comida saudable e dous viños, por tan so 5 euros

Fecha: 28 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Mercado de Tomiño participa na campaña "Quere o teu mercado" que é o lema en galego, da campaña internacional dos mercados "Love Your Local Market". A iniciativa conta este ano coa participación de mercados europeos e doutros países (España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos).

En Galicia a acción é promovida pola Xunta de Galicia en colaboración con concellos, prazas de abastos e federacións e asociacións de comerciantes, co obxectivo de potenciar a compra do produto local, ademais de enxalzar a profesionalidade dos praceiros e praceiras de cada localidade.

Tomiño leva a cabo esta campaña en colaboración co mercado de Warrintong (Reino Unido); colaboración que se concreta na gravación de vídeos nos que os praceiros e praceiras de ambos mercados se saúdan e se envían mostras de apoio (poden verse en Facebook: Mercado de Tomiño ).

Ademais dunha decoración que inunda o mercado de plantas e flores, os praceiros teñen nos seus postos información visible, sobre os beneficios para a saúde dos produtos á venda, xa que este ano o tema central da campaña é a alimentación saudable.

Os clientes que o desexen poden tamén deixar escritas as súas mensaxes de apoio e saúdo aos praceiros e ao mercado.

Dentro desta campaña, o sábado 28 de maio celebrarase outra edición de "Sábados con sabor" no Mercado de Tomiño, na que os clientes poden degustar dúas tapas de comida saudable e dous viños, por tan so 5 euros. Os tíckets están xa á venda en calquera posto do mercado, tendo en conta que o número de menús dispoñibles é limitado.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones