Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Mercado de Tomiño irmandarase co de Ourense dentro da campaña -Quere o teu mercado-

No encontro (sábado 25 de maio) presentarase ademais unha nova cociña móbil creada polo tomiñés Pablo Rodríguez

No encontro (sábado 25 de maio) presentarase ademais unha nova cociña móbil creada polo tomiñés Pablo Rodríguez

Fecha: 25 de Mayo de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O vindeiro sábado 25 de maio (Día dos Mercados), o mercado municipal de Tomiño irmandarase co de Ourense, no marco dunha nova edición da campaña "Quere o teu mercado" que é o lema en galego, da campaña internacional dos mercados "Love Your Local Market". A iniciativa conta este ano coa participación de mercados europeos e doutros países (España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos).

En Galicia a acción é promovida pola Xunta de Galicia en colaboración con concellos, prazas de abastos e federacións e asociacións de comerciantes, co obxectivo de potenciar a compra do produto local, ademais de enxalzar a profesionalidade dos praceiros e praceiras de cada localidade.

Tomiño leva a cabo esta campaña en colaboración coa Praza de Abastos de Ourense; colaboración que se concreta na gravación dun vídeo cos praceiros e praceiras de ambos mercados que pode visionarse no Facebook destes mercados e na plataforma You tube.

Por outra banda, o mesmo día, ás 14.00 horas, o Mercado de Tomiño presenta a súa nova cociña móbil, unha creación do tomiñés Pablo Rodríguez, da ferretería local ‘A Roda', instalación que vai permitir a celebración de show cookings e xornadas de degustación, un motivo máis para visitar a este mercado; o único en Galicia con selo de excelencia.

Nos próximos meses está xa prevista a celebración de eventos gastronómicos a cargo de cociñeiros galegos e portugueses, dentro do programa de cooperación transfronteiriza da Eurocidade Tomiño-Cerveira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones