Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Mercado de Tomiño medra con novas ofertas gastronómicas no segundo andar

Comida caseira para levar e obrador de conservas vexetais, serán as dúas novidades que os clientes do mercado atoparán en breve

Unha nova floristería abrirá a súas portas no andar no que se comercializan os produtos frescos

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Tres novos postos de venda abrirán as súas portas a finais deste mes de xuño no Mercado Municipal de Tomiño, aumentando e diversificando a oferta da praza recentemente remodelada.

" O Fogón do mercado", ofrecerá comida caseira para levar ou para comer no propio mercado, no segundo andar do edificio. Tania Alves e Chelo Rubial, veciñas de Tomiño, prepararán pratos caseiros utilizando produtos frescos de mercado e menús especiais para dietas, comida vexetariana e ofrecerán tamén a posibilidade de cociñar os produtos mercados polos clientes no mercado.
"Petiscos" é outra das firmas que se incorporan á praza tomiñesa, con elaboración e envasado de produtos vexetais, froitas confeitadas, patés e cremas, conservas agridoces e salsas. Amparo Grandío, unha lucense afincada en Vila Nova de Cerveira, Portugal, estará ao fronte deste obradoiro de conserva artesanal, no que cada mañá se fará a compra no mercado tendo en conta a calidade da materia prima.

María Luisa Baquero Da Silva, de A Guarda é a propietaria da nova florería, que contará cunha gran selección de produto local local; flor cortada e plantas e que elaborará tamén centros, ramos e outros traballos florais, etc.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, manifestou a súa satisfacción pola incorporación destas novas empresas que veñen a ampliar e diversificar a oferta de calidade do Mercado Municipal, contribuído, ademais, á dinamización do comercio e da vida social da vila.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí