Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O mirabel do Rosal fresco xa está nas tendas para toda españa, 1 mes máis tarde do habitual

Trátase dunha froita moi exclusiva, de temporalidade moi curta que unicamente se produce no Sur de Pontevedra, concretamente no Val do Rosal.

Trátase dunha froita moi exclusiva, de temporalidade moi curta que unicamente se produce no Sur de Pontevedra, concretamente no Val do Rosal.

Fecha: 31 de Agosto de 2016

Fuente: Mirabel do Rosal

Un ano máis o Mirabel do Rosal fresco xa está no mercado, pero desta vez, 1 mes máis tarde do habitual, debido fundamentalmente a falta de frío no Baixo Miño durante o inverno, que provocou retraso na floración e por conseguinte na maduración. A pesar delo, a calidade da froita non se ve alterada, e o sabor sigue sendo excelente. Trátase dunha das froitas gourmet galega, a medio camiño entre unha ameixa e unha cereixa, tan exclusiva, que só se pode degustar durante tres semanas ao ano.

Por segundo ano consecutivo, o Mirabel do Rosal de Froitas do Rosal, volverá a estar dispoñible dende hoxe para todos os consumidores do territorio español, tras aposta forte e decidida do grupo Aldi de incorporar esta froita exquisita de tempada a todas as súas tendas, as cales se encontran repartidas por toas as comunidades autónomas de España salvo en Galicia.

Os consumidores galegos xa veñen degustando o Mirabel do Rosal, dende fai uns días, e como ven sendo habitual nos últimos anos, ao encontrarse dispoñible en todas as tendas de Vegalsa-Eroski, El Corte Inglés e as tendas do Carrefour de Galicia. Este último tamén os incorpora nas tendas de Madrid, Castilla León e Asturias.

Trátase por tanto, dun gran avance de Froitas do Rosal, que vai logrando pouco a pouco que unha froita galega estea presente durante a súa tempada nas mesas de moitos fogares do territorio español.

Ao tratarse dunha froita moi estacional, os mirabeis frescos poderán atoparse nas tendas só por un curto período de tempo, entre dúas e tres semanas, e isto sumado a que a recolección é manual e unicamente no momento óptimo de madurez, para que chegue ao mercado nas mellores condicións de sabor, aroma e textura, fai que se trate dunha froita exclusiva e que se nomee como froita galega gourmet por excelencia.

Froitas do Rosal prevé comercializar este ano entre 20.000 e 25.000 quilos de mirabel en fresco.

Tradicionalmente o cultivo do mirabel ía destinado en Galicia case en exclusiva á súa transformación en marmeladas, mirabel en xarope, licores, etc., pero dende 2009 a empresa Froitos do Rosal está traballando para que o Mirabel do Rosal sexa coñecido en fresco no mercado galego e nacional.

O Mirabel:

O mirabel é un pequeno froito, de tamaño pouco maior que unha cereixa grande, que foi traído dende a Selva Negra alemá ata o Rosal por un mestre da localidade, Xosé Sánchez García. O mirabel aclimatouse perfectamente nas terras do Rosal e na actualidade, coas novas plantacións, existe unha produción anual importante de mirabel no Val do Rosal, o cal se comercializa tanto ten fresco como transformado.

Froitas do Rosal:

Foitas do Rosal é unha empresa agraria que xurde como una iniciativa local de varios veciños do concello do Rosal (Pontevedra) coa intención de poñer en valor os produtos típicos da zona. Na actualidade dispón de 10 hectáreas de terreos propios e alugados dedicados á produción ecolóxica de mirabel.

Froitas do Rosal, a través da súa marca "Froitas do Rosal", dende fai 5 campañas consecutivas ven pondo o mirabel fresco ao alcance de todos os consumidores, os cales poden gozar dunha froita de temporada, de calidade e producida por métodos tradicionais, cousa que seguirá facendo para a próxima campaña que xa pronto se aveciña.

Dende o ano 2014, coa marca comercial "Alén do Val", Froitas do Rosal iniciou o camiño da comercialización de produtos transformados do Mirabel do Rosal, primeiro coa marmelada de mirabel e finalmente cos mirabeis en xarope, sempre amparados polo CRAEGA e buscando produtos de alta calidade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones