Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O mural da artista doa oa reivindica en tomiño: Un mundo igualitario a través da natureza

A deputada Montse Magallanes, xunto á alcaldesa Sandra González, asistiu a acción que -busca remover conciencias para poder rematar coas violencias machistas-

A deputada Montse Magallanes, xunto á alcaldesa Sandra González, asistiu a acción que -busca remover conciencias para poder rematar coas violencias machistas-

Fecha: 15 de Mayo de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A deputada provincial Montse Magallanes, acompañada da alcaldesa Sandra González, asistiu hoxe no Campo de Fútbol Municipal do Alivio, en Tomiño, a unha nova acción do programa da Deputación de Pontevedra "Mulleres en acción: Violencia Zero" de loita contra as violencias machistas. A encargada de visibilizala, esta vez ao través da pintura, foi a artista Doa Oa.

 

Oa elaborou un mural co que reivindicou a creación dun mundo máis xusto e igualitario a través da natureza. Esta intervención artística, titulada "Reforestando", empregou como eixo central o poder natural das plantas e a súa relación coas e cos habitantes do seu entorno e que tivo as plantas "Ruda" e "Belladonna" como protagonistas. A artista explicou que "con este mural pretendo por en valor o papel das mulleres coa natureza así como a transmisión da sabedoría popular". O debuxo acompañouno da frase "As menciñeiras escoitan a vida. Xuntas sanamos".

 

Tanto Montse Magallanes como Sandra González coincidiron en sinalar "a importancia de programas coma Violencia Zero, que permítenos remover conciencias e así traballar para rematar coa lacra das violencias contra as mulleres". A alcaldesa de Tomiño tamén quixo dar as grazas "á Deputación por ter ideado este programa que hoxe temos o pracer de acoller".

 

Este ano 2019 "Mulleres en Acción. Violencia Zero" volve reunir o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta cuarta edición comezou en novembro de 2018 e se celebra en 25 concellos (Vigo, Pontevedra, Ponteareas, Salceda, Vilaboa, Mos, Ponte Caldelas, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Barro, Lalín, O Grove, Silleda, Tomiño, Poio, As Neves, Illa de Arousa, Baiona, Cangas, A Guarda, Forcarei, Gondomar, Cuntis, Meis e Nigrán).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones