Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Nadal continúa esta fin de semana en Tomiño con contos, música e teatro para toda a familia

Migallas Teatro chega á vila co seu ?Cantacontos- e Educateatro Producións con -Os tres porquiños-, dous espectáculos de balde para os nenos e nenas

Migallas Teatro chega á vila co seu ?Cantacontos- e Educateatro Producións con -Os tres porquiños-, dous espectáculos de balde para os nenos e nenas

Fecha: 29 de Diciembre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño segue a gozar dun Nadal de conto e cheo de diversión, entretemento e ofertas de lecer pensadas para o público máis novo e para o desfrute destas datas en familia. Tras unha semana de obradoiros, contacontos e na que se recibiu a visita da Apalpadora, a programación de Nadal continúa esta fin de semana con dous espectáculos de música e teatro para todos os públicos e de balde para nenos e nenas.

O sábado 29 Migallas Teatro desembarca no Mercado Municipal de Tomiño (17.00 h) co seu espectáculo ‘Cantacontos', unha innovadora proposta na que contos tradicionais e de creación propia se mesturan para ser recontados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Son todas historias nas que se contan unha realidade próxima aos máis cativos e cativas, como poden ser o medo a escuridade, o afán de posuír xoguetes, as mascotas, os celos... Un espectáculo de humor que reflicte a realidade cotiá cunha coidada posta en escena e no que os nenos e nenas participan de forma activa. A actividade será de balde.

O domingo 30 os protagonistas serán ‘Os tres porquiños'. Educateatro Producións chega ao Auditorio de de Goián ás 18.00 h cun clásico da literatura infantil con toques de modernidade e chea de contidos educativos. Trátase dunha revisión da tradicional fábula adaptada ao novos tempos e que inclúe a dous novos membros, Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos que entran no bosque para coñecer aos seus personaxes favoritos. Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiño bailarán ao ritmo de cancións cantadas en directo que buscan que os máis pequenos e pequenas reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir. A obra, dirixida a nenos e nenas a partir de 2 anos, será de balde para os pequenos e pequenas e custará 3 euros para as persoas adultas. A venda de entradas será unha hora antes no despacho de billetes.

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, convida a todo o mundo a participar nestas actividade e anima a nenos, nenas e maiores a desfrutar ao máximo posible dunha programación moi completa pensada para gozar en familia dunhas datas tan sinaladas.

Aninovo de lecer
A programación de Nadal continuará a vindeira semana coa Praza do Seixo coma punto de encontro. Os días 2, 3 e 4 de xaneiro nunha carpa situada diante da Casa do Concello os nenos e nenas a partir de 3 anos poderán subir a distintos inchables e participar no pintacaras e nos obradoiros organizados pola asociación Avelaíña, de A Guarda, para os que é preciso inscrición previa a través da web do Concello. Todas estas actividades son de balde e de 16.00 a 20.00 h.

O colofón final do Nadal será a tradicional Cabalgata de Reis, que sairá o vindeiro sábado 5 de xaneiro ás 16.30 h do Campo do Alivio. Carrozas e treboadas encherán as rúas de Tomiño de música e cor nun percorrido que rematará na Praza do Seixo coa recepción das Súas Maxestades aos nenos e nenas e música, reparto de agasallos e sorteo de tablets, bicicletas, patíns...
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones