Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O NOVO HOSPITAL DE VIGO QUEDARÁ CONECTADO CON 20 CONCELLOS DA SÚA ÁREA MEDIANTE LIÑAS DE AUTOBÚS DIRECTAS

Trátase da Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Gondomar, O Porriño, Mos, Ponteareas, As Neves, Crecente, Arbo, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas

Os veciños de Oia, Baiona e Nigrán poden acceder ao hospital cos servizos de ATSA, facendo transbordo coas lanzadeiras de Vitrasa en Praza América

Fecha: 10 de Septiembre de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

Trátase da Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Gondomar, O Porriño, Mos, Ponteareas, As Neves, Crecente, Arbo, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas

As empresas que prestarán servizos nestes municipios son Melytour, ATSA, Autos González, Empresa Raúl, Autoindustrial e Empresa Ojea

Helena de Lucas sinala que na actualidade a Xunta está a analizar unha nova proposta de Transportes La Unión, que ofrece servizos dende O Morrazo, concretamente dende Cangas e Moaña

Os veciños de Oia, Baiona e Nigrán poden acceder ao hospital cos servizos de ATSA, facendo transbordo coas lanzadeiras de Vitrasa en Praza América

De Lucas destaca que a mellora das conexións ao hospital pasa por unha boa coordinación co urbano, para o que se precisaría: a chegada do Vitrasa ao porto e o incremento de frecuencias dende a estación de autobuses

A Xunta está a contratar un estudo para a mellora da penetración do interurbano na cidade, cuxa implantación suporá que os veciños de Vigo poderán acceder ao centro en lugar de ter que transbordar na estación de autobuses

O novo hospital de Vigo quedará conectado con 20 concellos da súa área mediante liñas de autobús directas, ofrecendo a maior cobertura xeográfica de transporte das zonas sanitarias galegas. A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, informaron hoxe sobre os servizos de transporte interurbano ao novo hospital dende as súas poboacións de referencia.

 

No mes de xullo, co inicio das consultas médicas, 13 concellos teñen servizos directos ao novo hospital a través de catro empresas: Melytour, ATSA, Autoindustrial e Empresa Ojea, que operan na Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Gondomar, O Porriño, Mos, Ponteareas, As Neves, Crecente, Salvaterra do Miño, Salceda de Caselas e Arbo.

 

Posteriormente, no mes de agosto a Xunta acorda con Autos González e Empresa Raúl a cobertura a sete concellos máis e ampliarán os servizos nalgúns municipios nos que xa operan. Concretamente, Autos González dará servizo a Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. A empresa Raúl levará as súas liñas ao Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario e A Cañiza. Asimesmo reforzaranse servizos en Ponteareas  As Neves, O Porriño, Mos a Salvaterra do Miño e Salceda de Caselas. Con este reforzo o concello de Mos contará con liñas dende parroquias como Petelos, Vaquero, Porteliña ou Tameiga e os concellos de Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas terán servizos dende o núcleo e non só dende as parroquias, que xa tiñan servizos autorizados.

 

A maiores, Helena de Lucas sinalou que na actualidade a Xunta está a analizar unha nova proposta de Transportes La Unión, que ofrece servizos dende O Morrazo, concretamente dende Cangas e Moaña. Tamén engadiu que no que respecta aos veciños de Oia, Baiona e Nigrán poden acceder ao hospital cos servizos de ATSA, facendo transbordo coas lanzadeiras de Vitrasa en Praza América.

 

Coordinación co urbano

Por outra parte, a directora xeral de Mobilidade destacou que a mellora das conexións ao hospital pasa por unha boa coordinación co urbano, para o que se precisaría: a chegada do Vitrasa ao porto e o incremento de frecuencias dende a estación de autobuses, xa que agora só presta un servizo á hora.

 

Helena de Lucas explicou que os servizos directos teñen que complementarse con servizos con transbordo ao transporte urbano e salientou que, de entrar o concello de Vigo no plan de transporte metropolitano estes transbordos serían subvencionados ao 100% pola Xunta dentro do Plan de transporte metropolitano.

 

De Lucas tamén indicou que a Xunta está a contratar un estudo para a mellora da penetración das liñas de transporte interurbano na cidade de Vigo, cuxa implantación suporá unha auténtica revolución do transporte para os veciños de Vigo, xa que poderán acceder ao centro en lugar de ter que transbordar na estación de autobuses, que ata o seu traslado a Urzaiz atópase alonxada. Engadiu que esta conexión sería positiva tamén para os transbordos cara ao hospital, ao poder identificarse puntos de parada de bus interurbano que proporcionen unha conexión óptima co urbano.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones