Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O novo plan Deporemse desenvolverá 3 proxectos no Baixo Miño cun impote de 1,4 millóns de euros

Na comarca do Baixo Miño vanse desenvolver un total de tres proxectos nos que a Deputación de Pontevedra vai investir máis de 1,4 millóns de euros.

Na comarca do Baixo Miño vanse desenvolver un total de tres proxectos nos que a Deputación de Pontevedra vai investir máis de 1,4 millóns de euros.

Fecha: 19 de Septiembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do vicepresidente provincial, César Mosquera, presentou os proxectos que se van beneficiar do Plan bianual 2018/2019 de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais, DepoRemse. "Estamos ante un novo impulso de 11 millóns de euros que imos destinar aos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia e que vai permitir reformular as vías municipais de todas as comarcas para que sexan máis seguras e accesibles", subliñou a presidenta provincial.

Carmela Silva asegurou que "hoxe damos conta da resolución dos proxectos que se van beneficiar do DepoRemse e síntome moi satisfeita porque estamos ante unha resolución que ten que ver coas decisións tomadas por persoal técnico da institución provincial atendendo a unhas bases claras e obxectivas, algo que non é habitual noutras administracións". Neste contexto, a presidenta informou que se presentaron 48 proxectos e que finalmente foron 31 os que se van aprobar, ao dar cumprimento a todos os requisitos marcados nas bases da convocatoria do plan publicadas no Boletín Oficial da Provincia o 13 de abril. "E quero destacar que se aprobaron proxectos en concellos de todas as cores políticas, xa que dez están gobernados polo PP, 9 polo PSdeG, 7 polo BNG e 5 por Mareas e/ou Independentes, o que manifesta a máxima transparencia deste goberno que reparte os recursos atendendo sempre a criterios obxectivos", aclarou Silva.


A presidenta da Deputación recordou que o Plan DepoRemse xorde como un novo instrumento de cooperación centrado no desenvolvemento dunha mobilidade sustentábel que dea prioridade á seguranza e á mobilidade peonil nas infraestruturas viarias. A través deste plan, que segue a política de mobilidade da Deputación de Pontevedra, vanse impulsar proxectos para remodelar rúas e vías municipais a fin de facilitar a comunicación entre os espazos de emprego e de uso social, sanitario ou educativo así como para mellorar aqueles trazados que soportan unha alta densidade de tráfico.

Así, o Plan DepoRemse conta con dúas liñas a través das cales se distribúen as subvención entre actuacións para a instalación de pasos sobreelevados e redutores físicos de velocidade (liña 1) e para mellorar a mobilidade e seguranza viaria nas vías e espazos públicos municipais dentro do ámbito ou na contorna de puntos de gran atracción (liña 2).

O goberno de Carmela Silva ten xa comprometido para este ano 7 millóns de euros e outros catro para o 2019 no marco do Plan DepoRemse, que ascende aos 11 millóns de euros. Con esta nova liña de subvencións, tal e como destacou Silva, "nunca en toda a historia da Deputación os concellos da provincia foron tan protagonistas na recepción de recursos da institución provincial". Neste eido, a presidenta provincial fixo fincapé en que en tres anos de goberno destináronse xa "máis de 300 millóns de euros directamente aos concellos, dos cales 153,2 correspóndense co Plan Concellos, 4 millóns de euros cos préstamos sen xuros, 15 millóns co Plan de Reequilibrio, 11 millóns de euros co Plan DepoRemse, 1,2 millóns de euros do PICEI, 2 millóns de euros a través de solucións tecnolóxicas para os concellos, 5,4 millóns a través do SAIM e outros 25 millóns do ORAL. Todo isto sen contar coas políticas sociais, culturais, coas actuacións en materia de mobilidade, co Plan Revitaliza, etc".

Máis polo miúdo, e en canto aos 31 proxectos que se van aprobar, a presidenta da Deputación informou que na comarca de Pontevedra desenvolveranse cinco proxectos nos que a institución provincial vai investir máis de 1,6 millóns de euros. En concreto en Cuntis vaise remodelar a seguridade viaria do polígono industrial, cun orzamento de 554.625,33 euros dos cales a Deputación achega 499.162 e o concello 55.462 euros; en Barro o proxecto a desenvolver consiste na mellora de seguridade viaria en distintos lugares do concellos por valor de 71.792,04 euros dos que a Deputación aporta 68.202 e o concellos 3.589 euros; en Poio vaise realizar unha actuación integral de mellora da mobilidade e da seguranza viaria na contorna dos centros de elevada atracción da Seara cun orzamento de 588.794,87 euros dos cales a Deputación achega 500.000 e o concello 88.794 euros; en Moraña realizarase unha mellora da mobilidade viaria no entorno dos centros culturais e educativos de Chan de Amil, cun orzamento de 253.013,48 euros dos que a Deputación aporta 227.712 e o concello 25.301; e no caso de Campo Lameiro vaise facer peonil a rúa José Antonio, conexión entre a casa consistorial e a barriada Chanciña, cun orzamento de 386.964,19 euros dos que a Deputación achega 386.964,19 euros e o concello 38.696 euros.

Na comarca do Salnés vanse desenvolver un total de sete proxectos nos que a Deputación de Pontevedra vai investir máis de 2,2 millóns de euros. En concreto na Illa a actuación consiste na reforma do entorno do centro de saúde para unha mobilidade sustentable, cun orzamento de 500.000 euros dos cales 450.000 apórtaos a Deputación e 50.000 o concello; en Meaño vaise remodelar e mellorar a seguridade dos viarios municipais do entorno dos centros educativos de Dena, cun investimento total de 303.819,92 euros dos que a Deputación achega 273.437 e o concello 30.382; no concello de Ribadumia a actuación consiste na mellora da seguridade viaria nos accesos á gardería municipal, ao CPI Julia Becerra, ao pavillón polideportivo e ao campo de fútbol da Bouza, cun orzamento de 186.644,41 dos cales a Deputación aporta 167.979 e o concello 18.664; o proxecto a desenvolver no Grove consiste no calmado de tráfico e mellora da accesibilidade no colexio Rosalía de Castro, por valor de 450.806,34 euros dos que 383.185 achégaos a Deputación e 67.620 o concello; en Pontecesures vaise mellorar a mobilidade e seguranza viaria nas rúas do Castro e Infesta, cun orzamento total de 268.317,09 euros dos cales 241.485 apórtaos a Deputación e 26.831 o concello; no concello de Catoira a actuación consiste na mellora da seguridade dos viarios municipais das parroquias de Abalo, Catoira e Dimo por valor de 484.224,76 euros dos que 435.802 achégaos a Deputación e o concello 48.422; e en Vilagarcía mellorarase de xeito integral a mobilidade e seguridade viaria na contorna do recinto de Fexdega, cun orzamento de 386.683,38 euros dos que a Deputación aporta 309.346 e o concello 77.336.

Dous proxectos subvencionados polo Plan DepoRemse vanse desenvolver na comarca do Deza, onde a Deputación de Pontevedra vai investir máis de 880.000 euros. Máis polo miúdo, en Vila de Cruces o proxecto a desenvolver consiste nunha actuación integral de mellora da mobilidade e da seguranza viaria na contorna do CEIP, gardería e polideportivo de Vila de Cruces (liña 2), cun orzamento de 484.261,61 euros dos cales a Deputación aporta 435.835 e o concello 48.426. Pola súa banda, en Silleda vaise mellorar a mobilidade e seguridade viaria no entorno do centro de saúde e do centro social de maiores, cun proxecto que ascende a 498.391,68 euros dos cales 448.552 achégaos a Deputación e 49.839 o concello.

Na comarca de Vigo vanse desenvolver un total de catro proxectos nos que a Deputación de Pontevedra vai investir máis de 1,6 millóns de euros. Neste caso, en O Porriño vaise mellorar a mobilidade e seguridade viaria na rúa Doantes de Sangue e o seu entorno que ascende a 499.815,87 euros dos cales a Deputación achega 424.843 e o concello 74.972; a actuación a desenvolver en Fornelos consiste na remodelación e dotación da praza da Igrexa e rúa das Escolas, cun orzamento de 499.987,79 euros dos que 449.989 apórtaos a Deputación e 49.998 o concello; en Salceda de Caselas vaise actuar para urbanizar o antigo campo da feira da Devesa, cun investimento de 521.070,99 euros dos cales 468.963 achégaos a Deputación e 52.107 o concello; e en Baiona o proxecto a realizar permitirá mellorar a mobilidade e seguridade viaria na Rúa Real Sabarís por valor de 341.319,18 euros dos que a Deputación aporta 290.121 e 51.197 o concello.

Tres proxectos vanse desenvolver na comarca do Morrazo, nos que a Deputación vai investir máis de 1,3 millóns de euros. En concreto, en Moaña vaise implantar o eixo de mobilidade amable e segura de interconexión dos centros urbanos de Moaña e Cangas, cun orzamento de 575.000 euros dos cales 488.750 apórtaos a Deputación e 86.250 o concello; en Cangas tamén se beneficiará deste plan o mesmo proxecto de mobilidade amable e segura de interconexión dos centros urbanos de Cangas e Moaña, que ascende a 600.000 euros dos cales 480.000 apórtaos a Deputación e 120.000 o concello; e en Bueu vaise reurbanizar de xeito integral a rúa A Pedra, por valor de 416.108,59 euros, dos que 353.692 achégaos a Deputación e o concello 62.416.

Na comarca do Baixo Miño vanse desenvolver un total de tres proxectos nos que a Deputación de Pontevedra vai investir máis de 1,4 millóns de euros. Máis polo miúdo, en Tomiño o plan permitirá mellorar a mobilidade e seguranza viaria na contorna dos equipamentos públicas da Praza do Seixo, cun orzamento de 669.009,59 euros dos cales a Deputación achega 500.000 e o concello 169.009; na Guarda o proxecto a desenvolver consiste na mellora da mobilidade e seguridade no entorno da Rúa Vigo e Celta, cun valor de 588.235,29 euros dos cales 500.000 apórtaos a Deputación e 88.235 o concello; e en Tui vaise realizar a mellora da seguridade viaria no núcleo da Torre en Paramos, cun orzamento de 499.815,97 euros dos que a Deputación achega 424.843 e o concello 74.972.

Sete proxectos subvencionados polo Plan DepoRemse se impulsarán nas comarcas do Condado e da Paradanta, onde a Deputación de Pontevedra vai investir máis de 1,7 millóns de euros. Neste caso en Ponteareas vaise desenvolver un proxecto de reordenación e integración urbana da contorna da piscina e do centro deportivo municipal, e mellora da accesibilidade ao centro de saúde e espazos públicos anexos, cun orzamento de 526.614,11 euros dos que 421.291 achégaos a Deputación e 105.322 o concello; en Mondariz a actuación consistirá na mellora da mobilidade e seguridade viaria na contorna do centro urbano e de equipamentos, cun valor de 239.995 euros dos cales 215.995 apórtaos a Deputación e 23.999 o concello; o proxecto nas Neves centrarase na mellora da seguridade da mobilidade e seguranza viaria na rúa Rosalía de Castro e a súa contorna, que ascende a 365.194,66 euros dos cales a Deputación achega 328.675 e o concello 36.519; en Salvaterra vaise mellorar a seguridade viaria mediante pasos peonís sobreelevados en vías do concello, cun orzamento de 178.265,5 euros dos cales a Deputación aporta 169.352 e o concello 8.913; na Cañiza realizarase a mellora da seguridade viaria e humanización do entorno do CPI da Cañiza, por valor de 107.647,15 euros dos que 96.882 achégaos a Deputación e 10.764 o concello; en Crecente actuarase para a mellora integral de mobilidade e accesibilidade nos accesos ao CPI, á residencia da terceira idade, ao centro de saúde e outros, cun orzamento total de 500.000 euros dos cales a Deputación destina 450.000 e o concello 50.000; e en Covelo a actuación a desenvolver consiste na mellora da seguridade dos viarios municipais, cun investimento de 91.323,46 euros dos cales a Deputación aporta 86.757 e o concello 4.566 euros.

Todos os proxectos aprobados, tal e como informou a presidenta da institución provincial, correspóndense con obras completas que melloran a calidade de vida da veciñanza, dan cumprimento á normativa vixente sobre seguridade viaria, foron aprobados polo órgano competente do concello e contan con terreos de titularidade municipal. Amais, para a valoración de todos eles, tamén se tiveron en conta criterios como a poboación, a extensión da rede viaria municipal, a densidade de poboación e a calidade e madurez dos proxectos.

Pola súa parte, o Vicepresidente da Deputación, César Mosquera cualificó os resultados do Plan Deporemse de "espectaculares" e expresou a súa satisfacción ante esta iniciativa "que era todo un reto porque estamos abrindo novos camiños e agora podemos dicir que este plan marca un antes e un despois, polo que estou francamente satisfeito". Mosquera sinalou que "é a primeira vez que a Deputación financia preferentemente proxectos que estean ben traballados, ben pensados ben estruturados... polo que teño que agradecer aos concellos que se preocuparan de facer bos proxectos que mellorarán a vida dos seus veciños. En xeral, dixo, a calidade dos proxectos é brillante. Fai uns anos resultaría imposible que chegasen proxectos así que puidéramos aprobar". O Vicepresidente coincidiu coa presidenta en que "nunca a Deputación de Pontevedra transferiu tantos cartos aos concellos da provincia como o estamos a facer desde a nosa chegada ao Goberno."

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones