Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O número de persoas que necesitou o servizo de axuda no fogar do Concello incrementouse un 71% en tres anos

Foron 132 usuarios e usuarias que precisaron deste servizo o en Tomiño no 2017

Foron 132 usuarios e usuarias que precisaron deste servizo o en Tomiño no 2017

Fecha: 04 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Co programa de axuda no fogar impulsado polo Concello de Tomiño búscase prever ou compensar a perda de autonomía de parte da veciñanza para intentar promover unha mellor calidade de vida, realizando ademais actividades da vida diaria e favorecendo a integración dos usuarios evitando situacións de illamento. Este servizo, xestionado en Tomiño pola empresa IDADES, atendeu o ano pasado a un total de 132 usuarios. Unha cifra moi elevada e que creceu considerablemente respecto a anos anteriores. Un crecemento do 33,33 % respecto ao 2016, cando se atenderon 99 persoas; 43,48% máis que no 2015, cando foron atendidas 92, e un incremento de máis do 71% respecto ao 2014, cando se atendeu a 77.

Este crecemento de beneficiarios do servizo de dependencia e axuda no fogar tamén supuxo obviamente un incremento da partida orzamentaria do Concello para estes servizos Dos 604.466,40 euros que se destina a Servizos Sociais, 405.652,84 se destinan a dependencia e axuda no fogar, case un 105 % máis respecto ao 2014.

O servizo atende principalmente a persoas maiores con déficit de autonomía e persoas con discapacidade ou con enfermidade psiquiátrica.

Respecto ao programa de valoración, orientación e información dos Servizos Sociais do Concello, o ano pasado foron 605 as persoas atendidas. No que abrangue ao colectivo de persoas maiores, atendeuse especialmente consultas sobre as revisións anuais das pensións non contributivas, así como as súas solicitudes e tramitacións. A maioría de persoas con discapacidade e dependencia acudiron aos Servicios Sociais do Concello para solicitar e tramitar o recoñecemento do grao de discapacidade ou da situación de dependencia. Moitas son as persoas e familias que demandan información, orientación e asesoramento en canto ao servizo de axuda no fogar.

O Concello de Tomiño tamén ten posto en marcha, dende o seu lanzamento no 2016, un servizo especializado de atención xurídica á muller, que dende a súa creación ata a actualidade ofreceu unhas 250 consultas. Trátase dun servizo cofinanciado na actualidade pola Secretaría Xeral da Xunta de Galicia, a través da subvención que anualmente convoca este organismo para a prevención da violencia de xénero e á que se acolle o Concello.

Nos próximos días o departamento de Servizos Sociais do Concello de Tomiño pasará a denominarse Benestar e Igualdade. O motivo do cambio de nomenclatura "é darlle ao departamento un enfoque máis positivo", tal e como explica a concelleira, Cristina Martínez. O funcionamento será exactamente o mesmo. Unicamente se levará a cabo ese cambio de nomenclatura, que se verá reflexado na páxina web do Concello e na información institucional.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones