Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O outono deixa á vista más de 200 novos niños de vespa asiática en Tomiño

O Concello ten que utilizar persoal municipal e de Protección Civil, e facer fronte á compra de traxes especiais, ferramentas e produtos necesarios

O Concello ten que utilizar persoal municipal e de Protección Civil, e facer fronte á compra de traxes especiais, ferramentas e produtos necesarios

Fecha: 20 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A chegada do outono trouxo aparellada á caída das follas das árbores, a aparición de máis de 200 novos niños de vespa asiática, que teñen saturados os servizos de extinción municipais.

O Concello ten que empregarse a fondo para poder retirar esta gran cantidade de niños, utilizando persoal municipal e de Protección Civil; unha grúa e outra maquinaria dispoñible, tendo incluso que adquirir traxes especiais para esta tarefas, unha pértega con bomba e os produtos necesarios para a eliminación dos niños, co gasto conseguinte para as arcas municipais (máis de 4000 euros no último semestre do ano).

Tomiño centro segue a ser unha das zonas máis afectadas, aínda que hai numerosos niños en todas as parroquias do municipio. Moitos dos veciños e veciñas afectados chaman ao 112, mentres que outros acoden directamente ao Concello.

So entre os meses de xuño e agosto de 2016, o Concello de Tomiño retirou polos seus propios medios, un total de 62 niños de vespa velutina nas distintas parroquias do municipio. No mes de setembro a veciñanza continuaba demandando a axuda do Concello, polo que a actividade é permanente. De feito, Tomiño é un dos municipios galegos que figuran entre os máis afectados por este insecto invasor, que ameaza as cólmenas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e minguando o importante papel polinizador que teñen as abellas.

O concelleiro de Medio Rural, Lois Vázquez, explica que A Consellería de Medio Rural solicitou nun primeiro momento, a colaboración do ente municipal, desentendéndose logo da súa responsabilidade. "Os veciños e veciñas chaman ao 112 e se lles remite directamente ao Concello", comenta o edil, lembrando que este insecto invasor orixinario do Norte da India, é un grande inimigo non so das abellas, senón tamén doutras especies de insectos polinizadores, poñendo ademais en perigo a diversidade de especies e a produción agraria (especialmente de froitas); sector este moi importante na economía do municipio.

Comenta o concelleiro de Medio Rural de Tomiño, a situación actual foi comunicada xa á Xunta de Galicia, sen que até o momento, esta se fixera cargo da eliminación dos niños, ou alo menos, dos gastos ocasionados polos traballos realizados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones