Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O paro baixou en xuño en 13.144 persoas en Galiza, pero a afiliación á Seguridade Social só medrou en 8746

O mercado laboral galego experimenta un novo aumento da precariedade, da desprotección e da expulsión de activos/as

O mercado laboral galego experimenta un novo aumento da precariedade, da desprotección e da expulsión de activos/as

Fecha: 05 de Julio de 2016

Fuente: CIG

O mercado laboral galego experimentou no mes de xuño un novo aumento da precariedade, da temporalidade e da desprotección, características que van camiño de converterse en estruturais. O número de contratos rexistrados neste período acadou un maximo histórico, pero pola contra o paro baixou en só 13.144 persoas, o que se explica por unha temporalidade de máis do 93%. De igual xeito, o descenso do desemprego non coincide co incremento da afiliación á Seguridade Social, xa que unicamente medrou en 8746 persoas, o que significa que 4398 activos/as foron expulsados do mercado laboral.

Como cada ano, o inicio do período estival e das rebaixas fan de xuño un mes tradicionalmente positivo no que a datos do paro se refire. Nesta ocasión o descenso do desemprego atinxiu en Galiza o 5,6%, o que se traduce en 13.144 parados/as rexistrados/as menos. Deste xeito, a cifra total de desempregados/as no noso país sitúase nas 207.320 persoas.

Porén, o que a priori semella un dato positivo contrasta co feito de que a afiliación á Seguridade Social medrou unicamente en 8746 persoas, o que significa que 4398 activos/as foron expulsados do mercado laboral, ben sexa porque xa non se anotan nas oficinas do SEPE por falta de confianza no sistema ben porque deciden buscar un futuro na emigración. O que vén a significar que preto do 35% do descenso do desemprego non se corresponde cun incremento da ocupación, polo que probablemente a emigración e o desencanto co sistema expliquen unha parte importante do descenso do paro.

De igual xeito, o optimismo que inunda a propaganda gubernamental dilúese se temos en conta que o número de contratos acadou un máximo histórico (93.293), dos que o 93,4% se rexistraron baixo algunha das modalidades de contratación temporal. Ademais, non é que se trate só de contratos maioritariamente temporais, senón que tamén son de escasa duración xa que son poucos/as os novos/as contratados/as para un número de contratos tan elevado. O 79,3% destes contratos rexistráronse nalgunha actividade do sector servizos.

Asemade, tanto o paro prolongado como a escasa duración dos contratos fan que mes a mes diminúa a cantidade de parados/as que perciben algunha prestación. No último mes, tan só o 46% ingresou algunha; deles/as, unicamente o 38,8% recibiron a prestación contributiva. Estes factores están a disparar o número de persoas en risco de exclusión social ao provocar un progresivo empobrecemento da clase traballadora.

Fronte este datos, dende o secretario confederal de Emprego e Industria, Miguel Malvido, incide na necesidade de cambiar este modelo produtivo baseado na precariedade e temporalidade e aposta pola implementación dun plan de desenvolvemento industrial baseado no reforzo dos nosos principais sectores produtivos, "que ademais son precisamente os que teñen maior capacidade de crear emprego digno e de calidade". A central levou esta proposta ao Parlamento galego a través dunha ILP que o PP rexeitou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones