Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Partido Popular pide á Deputación máis apoio económico para os GES

-O que temos agora é que os concellos reciben menos apoio económico da Deputación e por riba están pagando servizos que lle corresponden a ela-

Ángel Moldes destacou que -é fundamental que os recursos que os concellos base están gastando actualmente no mantemento dos GES poidan destinarse a outras partidas, sobre todo porque non é competencia súa-

Fecha: 27 de Septiembre de 2017

Fuente: Partido Popular Pontevedra

O grupo provincial do Partido Popular propón á Deputación de Pontevedra que asuma o custe que aportan os concellos base para o funcionamento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), que son Valga, Baiona, A Guarda, Ponteareas, A Estrada-Lalín e Sanxenxo. Así o anunciaron esta mañá o voceiro do grupo provincial, Ángel Moldes, e o deputado, Luis Aragunde, durante unha visita ao GES ubicado en Valga, acompañado polo alcalde deste concello, Jose Mª Bello Maneiro.

Moldes explicou que o PP proporá este venres no pleno provincial "algo que xa se está facendo noutras deputacións, como a de Ourense, e que supón librar de cargas aos concellos de menos de 20 mil habitantes". Os populares destacaron que actualmente os GES están financiados nunha parte importante polos concellos base, cando é un servizo supramunicipal que abarca a varios concellos. No caso de Valga, o alcalde aclarou que o orzamento municipal reserva 75.000 euros anuais para gastos de mantemento e funcionamento do GES que dá servizo a cinco concellos máis da comarca.

"Por iso é tan importante este acordo, porque é fundamental que os recursos que os concellos base están gastando actualmente no mantemento dos GES poidan destinarse a outras partidas, sobre todo porque non é competencia súa. Nos concellos de menos de 20 mil habitantes as competencias de emerxencias recaen directamente sobre a Deputación de Pontevedra", engadiu Moldes.

Os deputados provinciais confían en que o resto da corporación apoie unanimemente esta proposta, "xa que é unha moción construtiva e totalmente obxectiva. O que temos agora é que os concellos reciben menos apoio económico da Deputación e por riba están pagando servizos que lle corresponden a ela".

De prosperar a proposta do grupo provincial do PP, a Deputación asumiría os preto de 300.000 euros que actualmente gastan os concellos de A Estrada-Lalín, A Guarda, Baiona e Valga, así como unha parte dos 550.000 euros que lles custa aos concellos de Ponteareas e Sanxenxo os servizos municipais de emerxencia.

Moldes sinalou que estes grupos de emerxencias teñen un carácter supramunicipal, pero a pesar de que algún concello base si ten regulado mediante ordenanza o custo de cada intervención, os importantes son baixos e insuficientes para cubrir o custe total do servizo.

Totalmente de acordo coa moción se amosou Bello Maneiro, que aplaudiu esta proposta do PP. "Pontecesures e Valga somos os concellos máis alonxados e que non cumpren a ratio do servizo de bombeiros, polo que non ten moito sentido que Valga estea afrontando estes gastos cando o resto de concellos, que si teñen os bombeiros, non aportan nada".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones