Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O patrimonio cultural e natural de Tomiño, recollido en 19 minutos

Xa dispoñible o vídeo creado polo alumnado do IES Antón Alonso Ríos ao abeiro do Proxecto Erasmus+ Mémorie(s), que levará a imaxe da vila por Europa

Xa dispoñible o vídeo creado polo alumnado do IES Antón Alonso Ríos ao abeiro do Proxecto Erasmus+ Mémorie(s), que levará a imaxe da vila por Europa

Fecha: 18 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Un percorrido por parte do patrimonio cultural e natural do Concello de Tomiño facendo pequenas presentacións en diferentes lugares que forman parte da memoria familiar e persoal dos alumnos e alumnas do IES Antón Alonso Ríos. Así é o vídeo creado polo alumnado do centro tomiñés ao abeiro do Proxecto Erasmus+ co que mocidade e profesorado buscan poñer en valor aqueles lugares que forman parte da memoria individual e colectiva.

Organizado en coordinación con centros de Alemaña, Francia, Grecia, Italia e Portugal, este vídeo proxectarase en varios países, achegando a identidade do pobo tomiñés ao resto de Europa. Son 19 minutos de percorrido por distintos puntos da vila nun vídeo gravado en galego e subtitulado ao francés, lingua vehicular acordada polos países que forman parte do Proxecto Erasmus+ Memorie(s).

O vídeo comeza o seu percorrido no miradoiro do Niño do Corvo, que pasa por lugares como a Fortaleza de Goián, o santuario de San Campio de Lonxe, a Pedra Furada de Vilachán, os muíños de Vilameán, os petróglifos do monte Tetón, a igrexa de Santa María de Tebra, a ponte vella de Taborda sobre o río Cereixo... e que remata no mercado municipal e na Praza do Seixo.


Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones