Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O persoal das ambulancias volve á rúa para reclamar un convenio colectivo digno

Traballadores/as e delegados/as da CIG concentráronse no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Traballadores/as e delegados/as da CIG concentráronse no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Fecha: 16 de Diciembre de 2016

Fuente: CIG

Un grupo de traballadores/as e delegados/as sindicais da CIG no sector das ambulancias desenvolveu esta mañá unha concentración no acceso ao hospital de día do Álvaro Cunqueiro de Vigo para reclamar un convenio colectivo digno.

 

Dende a central denuncian que a patronal mantén paralizadas as negociacións coa complicidade da Xunta e apostan por continuar coas protestas

Segundo explican dende a FGAMT-CIG, as mobilizacións responden á actitude "absolutamente irresponsábel" dos empresarios/as, que manteñen paralizada a negociación do convenio logo dunha serie de reunións "nas que se dedicaron a perder o tempo". Denuncian que este comportamento da patronal conta, ademais, coa complicidade da Xunta, da Consellería de Sanidade e da Fundación de Emerxencias Sanitarias 061. "Os traballadores/as do transporte en ambulancia levamos moitos anos pelexando pola profesionalización e dignificación do noso traballo, do noso sector e tamén polos dereitos dos pacientes e usuarios/as dun servizo tan importante para a cidadanía como é o do transporte sanitario", indican.

Ofertas por debaixo do custe do servizo

Lembran que nos últimos concursos do transporte en ambulancia a Xunta otorgou a concesión do servizo a empresas que ofertaron até un 12% por debaixo do prezo de custo. "Agora esas mesmas empresas pretenden que os traballadores/as paguemos esa rebaixa do noso peto e co noso esforzo, cando todo o mundo sabe que unha mellor calidade no traballo significa un mellor servizo".
Gran parte do sector cobra 800 euros e nin as bases nin a roupa de traballo está en boas condicións

Neste senso, sinalan que unha gran parte do sector cobra menos de 800 euros, posto que está contratado en prácticas. Ademais, as bases do persoal non reúnen as condicións axeitadas e non se desinfectan os uniformes de traballo, co risco que isto supón para a saúde de traballadores/as e pacientes. Tamén é necesario mellorar a prevención de riscos laborais, "xa que cada ano son moitos/as os compañeiros/as que enferman ou se lesionan a causa do traballo".

Esta situación fixo que CIG manteña dende hai tempo un calendario de mobilizacións en defensa do convenio e da profesionalización e dignificación do sector. "Unha profesionalización que pasa por acadar un salario digno, reducir os contratos en prácticas que rebaixan os salarios un 40% e pola recuperación da terceira paga extra que desapareceu no anterior convenio", rematan.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones