Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O piragüista tomiñés Roi Rodríguez, en México nun campamento de adestramento en altitude

Prepárase en Cidade de México a 2.240 m de altura -en condicións máis duras e cun grupo de adestramento que nos fai esixirnos cada día para mellorar-

Prepárase en Cidade de México a 2.240 m de altura -en condicións máis duras e cun grupo de adestramento que nos fai esixirnos cada día para mellorar-

Fecha: 08 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Probar novas condicións de traballo, compartir pista con deportistas de alto nivel, coñecer xente e lugares novos e mesmo "escapar un pouco do frío que fai nesta época en Galicia". Estes son algúns dos motivos polos que o piragüista tomiñés Roi Rodríguez Huertas está a participar nun campamento de adestramentos en altitude na pista olímpica de Ciudad de México. Durante un mes, o deportista do Club Kayak Tudense probarase na capital mexicana a 2.240 metros de altitude "onde a cantidade de osíxeno é menor respecto á do nivel do mar. Estas condicións fan que sexa máis complicado respirar nos adestramentos. O corpo ten que facer un esforzo extra e comezará a fabricar máis glóbulos vermellos, os encargados de transportar o osíxeno no sangue".

Durante catro semanas, o tomiñés adestrará na pista onde se realizaron os xogos olímpicos de México en 1968 e os mundiais de piragüismo nos anos 1974 e 1994, "un bo lugar para adestrar porque a pesar de ser inverno e de encontrarnos a unha grande altitude, a temperatura é agradable é hai unha pista na que podemos padexar, xa que noutros lugares do mundo a temperatura nesta altitude é menor de 0 grados".

Compañeiro de gran nivel

Roi Rodríguez escapa do frío de Galicia hospedándose na casa de piragüistas mexicanos cos que o Kayak Tudense realiza un intercambio, xa que eles veñen a adestrar ao club galego noutras épocas do ano. Estes intercambios son para o galego "unha oportunidade, non só de adestrar nun país diferentes, senón de coñecer moitos lugares e xente nova".

Para este piragüista de augas tranquilas, medalla de bronce no Campionato Europeo de Piragüismo de 2016 celebrado en Moscú en K4 500 m e dobre campión do mundo sub-23 en K1 1.000 e K4 1.000 m, este adestramento supón ademais a posibilidade de compartir pista "cun grupo de compañeiros de moito nivel". Nel participan o seu compañeiro do Kayak Tudense Aarón Diéguez, o palista asturiano Javier Hernanz ou o equipo portugués de piragüismo, con deportistas como o medallista olímpico e campión mundial Fernando Pimenta. "Isto fai que aparte de ter unhas condicións máis duras para o corpo tamén teñamos un grupo de adestramento que nos fai esixirnos moito cada día e mellorar", salienta Rodríguez.

Unha oportunidade

O tomiñés adestra habitualmente no seu club, en Tui, pero tamén acode ás concentracións periódicas do equipo nacional que se realizan en Asturias, Madrid ou Sevilla. "Os deportistas que competimos a nivel profesional facemos todo o posible para ter unhas condicións nos adestramentos que nos permitan mellorar", explica. E aínda que tamén hai pista de altitude nun centro de alto rendemento en Serra Nevada, en España, Roi prefire cruzar o charco e viaxar ata México xa que "a pesar de ser inverno e de encontrarnos a grande altitude a temperatura é agradable. Ademais de adestrar en altitude tamén buscamos evitar o frío que fai na casa nestas datas".

Roi afronta esta tempada apostando polo K1 1.000 m, categoría na que foi finalista o ano pasado, e coas vistas postas no equipo nacional: participa nun proxecto para formar a embarcación de K4 na distancia olímpica de 500 metros, pero non saberá ata abril se é un dos catro padexistas elixidos para conformar finalmente o equipo. "É un ano importante para clasificarse nunha embarcación de equipo xa que posiblemente ata os Xogos Olímpicos de Tokio 2020 non se fagan cambios nos palistas que formen este ano o K4", explica.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones