Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Pladiga incorpora un novo sistema informático para dar maior seguridade e coordinación aos 7.000 efectivos que este verán loitarán contra o lume

Está a disposición da cidadanía o teléfono 085, ao que deben chamar cando detecten un lume forestal

Está a disposición da cidadanía o teléfono 085, ao que deben chamar cando detecten un lume forestal

Fecha: 24 de Junio de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

A actualización do Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga) incorpora un novo sistema informático que permitirá dotar de maior seguridade e coordinación aos 7.000 efectivos que este verán loitarán contra o lume na nosa comunidade. Por medio das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) será posible visualizar, en tempo real, a todo o persoal e medios materiais que conten con emisora, o que redundará, ademais, nunha maior axilidade no despregue do dispositivo.

Esta novidade foi destacada hoxe polo director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, na presentación da actualización deste plan, que se fai efectiva logo de que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) dera a coñecer os detalles da campaña de lumes deste verán para toda España.

Dos 7.000 efectivos que integran o operativo, uns 5.700 son profesionais da Xunta, que estarán apoiados por persoal do Mapama, do Exército e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Ademais, para a loita contra o lume disporase de arredor dunha trintena de medios aéreos –entre os propios da Xunta e os que aporta o Estado– e 360 motobombas da Administración autonómica, dos concellos e dos parques de bombeiros, aos que se engaden cisternas, pas e outros vehículos. Tanto os medios humanos como materiais –incluíndo os aéreos– son idénticos aos do ano pasado e están xa listos para o seu despregue a partires do vindeiro 1 de xullo por todo o territorio galego.

Fernández-Couto destacou que as principais novidades desta actualización teñen que ver con melloras relacionadas coa incorporación das últimas tecnoloxías ao traballo de prevención, defensa e extinción de incendios forestais. Así, o director xeral explicou que a posta ao día do programa informático de xestión de lumes permitirá visualizar, en tempo real, a posición no territorio de todo os profesionais e medios que teñan emisora, o que representa un gran avance no reforzo da seguridade do persoal e a coordinación do dispositivo. Ademais, facilitará unha más áxil mobilización de medios por parte dos centros de coordinación e unha redución dos tempos de desprazamento ás alarmas e aos lumes, por medio de buscas avanzadas con puntos quilométricos, filtros toponímicos, automatismos a partir de posicionamento en tempo real e cartografía navegable.

Visor 3D e simulador de incendios

O director xeral sinalou tamén que haberá un visor 3D e un simulador de incendios e de acceso automático a datos de predición e observación meteorolóxica, especialmente útiles para a xestión dos lumes de dimensións considerables. Todo isto –remarcou– supón un “salto cualitativo” na loita contra os incendios, ao incorporar os últimos avances no eido das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

O principal obxectivo do Pladiga, segundo detallou Fernández-Couto, é reducir ao mínimo posible os danos ecolóxicos, económicos e sociais producidos polos lumes, dentro dos recursos dispoñibles. Ademais, existen unha serie de obxectivos “de control”, que concretan esa finalidade xeral. Entre eles, fíxanse como metas non superar a media de 3 hectáreas por lume nin a media de 1 hectárea de superficie arborada afectada por lume. Tamén, manter o número de incendios maiores de 25 ha por baixo do 2% do total e a porcentaxe de lumes menores ou iguales a 1 ha por riba do 70% do total.

Responsabilidade

O director xeral apelou unha vez máis á responsabilidade da sociedade galega en xeral e das administracións públicas con competencias na materia sobre a necesidade de cumprir a lei para previr os incendios, especialmente no relativo ás distancias das plantacións forestais aos núcleos habitados e a estradas e pistas. Dixo que o respecto escrupuloso da normativa redundará nunha maior seguridade das persoas e tamén dos bens non forestais.

Sinalou que por parte da Xunta faise un esforzo importante para axudar os municipios nestas labores, por medio de convenios de colaboración específicos para prevención e defensa contra os lumes, que no período 2016-2018 suporán unha achega de case 33 millóns de euros.

Fernández-Couto insistiu tamén na necesidade de seguir illando os incendiarios e denuncialos con firmeza, para que non se sintan amparados na súa actuación delituosa criminal e lembrou que está a disposición da cidadanía o teléfono 085, ao que deben chamar cando detecten un lume forestal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones