Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O PLAN CONCELLOS 2016 TERÁ CATRO LIÑAS DE ACTUACIÓN

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, comunica a todos os alcaldes e alcaldesas os criterios para o reparto dos fondos económicos

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, comunica a todos os alcaldes e alcaldesas os criterios para o reparto dos fondos económicos

Fecha: 11 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, remitiu hoxe un escrito á totalidade dos alcaldes e alcaldesas da provincia dos criterios para o reparto das partidas económicas que comprende o "Plan Concellos 2016" tal e como se comprometera na súa primeira xuntanza con máximos rexidores.

Este Plan Concellos terá catro liñas de actuación que priorizará as inversións; á amortización e pagamento de débeda; actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e ambientais municipais; e a última para emprego.

O montante global dos recursos adscritos a este fondo repartirase en tres grupos de concellos dependendo da súa poboación. Así aqueles de ate dez mil habitantes terán o 43,30 por cento; os concellos comprendidos entre dez mil e vinte mil habitantes terán o 34 por cento; e os comprendidos entre os vinte mil e ate os cincuenta mil habitantes recibirán o 22,70 por cento do fondo.

Destas cantidades o 40 por cento será un fixo para cada un dos concellos e o sesenta por cento restante será en base tamén a súa poboación. Así ate dez mil habitantes será do 30%; entre dez mil e vinte mil, será do 40%; e entre os vinte e cincuenta mil será do 30%.

Ademais para este porcentaxe variable e cada un dos tres grupos de poboación, aplicaranse tres criterios baseados non só na poboación e na superficie, como ate de agora, senón que se inclúe a variable dos núcleos de poboación. En concreto será dos 60% por poboación; o 20% por núcleos; e o 20% restante por superficie.

Con estes novos criterios o reparto vai supor un incremento das subvencións que recibirá cada concello, cun importe fixo moi superior aos anteriores e, sobre todo, elimínase a libre disposición do vinte por cento da totalidade do plan para o presidente.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí