Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Plan Concellos da Deputación de Pontevedra supón un investimento de case 15 millóns de euros no Baixo Miño

O plan provincial supuxo ata agora para os 5 municipios do Baixo Miño o financiamento de 172 obras ou a contratación de preto de 300 persoas para traballar nos concellos

No global na provincia, o goberno de Carmela Silva investiu con este programa nos concellos 154 millóns de euros

Fecha: 01 de Septiembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, posto en marcha coa chegada de Carmela Silva ao goberno provincial, xa ten investido na comarca do Baixo Miño preto de 15 millóns de euros nestes tres anos de lexislatura, beneficiando aos municipios de Tui, Tomiño, O Rosal, Oia e A Guarda. Supón "o investimento máis importante da historia da institución nos concellos da provincia", segundo subliñou hoxe a presidenta da Deputación, en rolda de prensa. Silva engadiu que "esta Deputación fala de datos. Ao abeiro deste plan provincial, puxemos a disposición da comarca do Baixo Miño máis de 11 millóns da liña 1 de investimentos, preto dun millón na liña 2 de amortizacións, pagamento de débedas e gastos correntes, e máis de dous millóns e medio na liña 3 de emprego".

En concreto, ao abeiro da liña 1 de investimentos, a Deputación de Pontevedra xa xestionou 172 actuacións por valor de preto de 8 millóns e medio de euros. Máis polo miúdo, realizáronse achegas para levar a cabo 11 actuacións de saneamento por un total de máis dun millón de euros, 7 de pavimentación e renovacións de rúas por máis de 285.000 euros, 68 de adquisición de bens e equipamentos por máis dun millón de euros e 86 de novas infraestruturas e mellora de edificacións municipais por preto de 6 millóns de euros.

En canto ás obras de saneamento foron 4 concellos da comarca do Baixo Miño os que beneficiáronse das achegas do Plan Concellos da Deputación. Concretamente Oia puido levar a cabo 6 actuacións por un importe de 189.950,47 euros como o saneamento en Pedornes e o abastecemento na vila; O Rosal realizou unha actuación no tratamento de augas no deposito de auga de Martín por 152.261,56 €; Tomiño, tres actuacións por 671.352,06 € entre as que destaca o saneamento para os núcleos de Camiño Novo, Pazos, Rexidouro e A Val e a conexión co saneamento de Tomiño, e Tui levou a cabo a separación de augas pluviais e a reparación de beirarrúas na estrada Baiona por 78.602,96 euros.

Pola súa banda, foron 2 concellos os que empregaron os cartos do Plan Concellos para realizar obras de pavimentación e renovación de rúas. Tomiño realizou dúas actuacións por un valor de 49.231,89 euros, sendo a máis destacada a pavimentación dun viario municipal no Seixo, e Tui levou a cabo cinco actuacións por un total 236.728,29 euros entre as que destaca a mellora da pavimentación do vial que une os núcleos das Chans e Circos.

Para a adquisición de bens e equipamentos foron os 5 concellos do Baixo Miño os que solicitaron o investimento da Deputación de Pontevedra ao abeiro do seu plan provincial. Concretamente A Guarda recibiu 17 achegas destas características por un total de 347.477,33 euros; Oia, 21 por 203.307,99 €; O Rosal, 16 por 143.031,18 €; Tomiño, unha por 56.446,50 €, e Tui, 13 por 383.347,46 euros.

Amais, coa liña 1 de investimentos, foron 5 os concellos que beneficiáronse de actuacións de novas infraestruturas e mellora de edificacións municipais. A Guarda levou a cabo 22 actuacións por un importe de 1.128.464,43 euros entre as que destaca a reposición do céspede do Campo de Fútbol da Sagriña; Oia realizou dez por 437.564,64 €, sendo a máis destacada a actuación integral no Camiño de Refoxos; O Rosal puido acometer 11 actuacións por 770.277.03 € como a mellora e reparación do Auditorio Municipal; Tomiño, 17 actuacións por un valor de 2.138.330,40 euros entre as que destaca a mellora nos camiños municipais, e Tui 26 actuacións por valor de 1.513.281,49 € como o acondicionamento e ampliación da edificación para uso de comedor escolar do colexio.

No relativo á liña 2 de amortizacións, pagamento de débedas e gastos correntes catro concellos da comarca do Baixo Miño levaron a cabo 79 actuacións por valor de 776.876,22 euros. Máis polo miúdo A Guarda, ao abeiro desta liña 2, recibiu 41 achegas por un total de máis de 300.000 euros; Oia, 12 por máis de 171.000 euros; O Rosal, 16 por máis de 200.000 euros, e Tui, 10 por máis de 100.000 €.

Por último, a liña 3 de emprego do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra serviu para que os cinco concellos do Baixo Miño puideran contratar nestes tres anos a 280 traballadoras e traballadores cun investimento de 2.550.817,11 euros. Así, con estas achegas da institución provincial, desde a creación deste plan, A Guarda puido contratar a 59 traballadoras e traballadores; Oia, a 36; O Rosal, a 45; Tomiño, a 75, e Tui contratou a 65.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones