Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Plan de cofinanciamento de servizos comunitarios básicos achega ó Baixo Miño 212.376,78 ?

A Presidenta Carmela Silva, destaca que con esta decisión política o goberno provincial palía a falta de axudas da Xunta e logra un reparto equilibrado que chega a toda a provincia

A Presidenta Carmela Silva, destaca que con esta decisión política o goberno provincial palía a falta de axudas da Xunta e logra un reparto equilibrado que chega a toda a provincia

Fecha: 12 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará mañá as primeiras achegas do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos deste 2017, que por primeira vez abranguerá á totalidade dos concellos da provincia de menos 20.000 habitantes, incluídos aqueles que non contaban con financiamento de persoal en base ao establecido no Decreto 99/2012 de 16 de marzo da Xunta de Galicia polo que se regulan os servizos sociais comunitarios, segundo explicou esta mañá en rolda de prensa a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

Así, os concellos de Campo Lameiro, Fornelos, Mondariz-Balneario, Moraña, Oia e Pazos de Borbén, pasarán o formar parte por primeira deste Plan de Cofinanciamento, o que lles permitirá contar a partir deste ano con persoal administrativo para os servizos sociais comunitarios, logrando así dende a Deputación "realizar repartos equilibrados que cheguen a toda a provincia", sinalou Carmela Silva.
Deste xeito, con esta primeira achega destinaranse un total de 1.317.522 € a 32 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, que se completarán máis adiante cunha segunda adxudicación para os 20 concellos restantes ata completar os 2.215.035,33 € que este ano se destinaron ao o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar e persoal dos servizos comunitarios básicos dos concellos de menos de 20.000 habitantes.

 

En concreto, a Comarca do Deza recibirá un total de 126.175,15 € repartidos entre os concellos de Agolada, cun investimento de 46.581,06 €; Dozón, cunha axuda de 30.308 € e Vila de Cruces, con 49.285,61 €, que permitirán o financiamento tanto do persoal administrativo como o Servizo de Axuda ao Fogar (SAF).

O investimento na Comarca de Pontevedra será de 198.762,39 €, que se repartirán entre as vilas de Barro (31.591,27 €), Campo Lameiro (15.769,29 €), Poio (89.618,33 €); Ponte Caldelas ( 40.917 €) e Vilaboa (20.866,5).

Os investimentos para a Comarca de Caldas ascenden a 178.192 €, que se repartirán entre Caldas de Reis (50.907 €), Cuntis (37.469 €), Moraña (16.070,5 €), Portas (29.806,5) € e Valga (43.939 €).

A Comarca de Vigo recibirá con esta primeira achega 208.422,45 €, que se destinarán aos concellos de Fornelos de Montes (14.836,9 €), Gondomar (55.050 €), Nigrán (62.514 €) Pazos de Borbén (16.587,55 €) e Salceda de Caselas (59.434 €).

No caso do Baixo Miño, a comarca recibirá 183.295,59 € para financiamento de persoal e do SAF que se repartirán entre A Guarda (59.866,12 €), O Rosal (27.847,29 €), Tomiño (59.042 €) e Tui (36.540,18 €).

No caso do Salnés, o investimento chega aos 212.376,78 € que se repartirán entre Cambados (46.623,5 €), O Grove (50.189,79 €), Meaño (55.042 €) Meis (831.224,86 €) e Ribadumia (29.296,63 €).

A Comarca do Condado recibirá 79.189,5 € entre os concellos de As Neves (26.666,50 €) e Salvaterra de Miño (52.523 €).

Ademais, con esta primeira achega, tamén se beneficiarán os concellos de Bueu, na Comarca do Morrazo, con 51.786; A Cañiza con 44.287,5 €, na Comarca de Paradanta, e Forcarei con 35.034,64 € en Tabeirós - Terras de Montes.

O pasado ano, a Deputación adxudicou 1.359.142,45 € para investir no SAF dos concellos de menos de 20.000 habitantes e prestouse servizo a preto de 1.000 persoas destes concellos, principalmente a mulleres (o 66,7% das usuarias do SAF), maiores de 70 anos e con limitacións para realizar actividades da súa vida diaria.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones