Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Plan Móvese mellorará a seguranza viaria das estradas provinciais

Presentarase o Plan Móvese e participarán poñentes da Dirección Xeral de Tráfico, Stop Accidentes e a Policía Local de Pontevedra

Presentarase o Plan Móvese e participarán poñentes da Dirección Xeral de Tráfico, Stop Accidentes e a Policía Local de Pontevedra

Fecha: 17 de Noviembre de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, anunciou hoxe que o Plan Móvese (Mobilidade e Velocidade Seguras) alcanzará un investimento de case catro millóns de euros para mellorar a seguranza viaria da rede de estradas provinciais. Este plan será presentado o vindeiro martes 22 de novembro no marco dunhas xornadas sobre ‘Seguranza viaria nas estradas. Métodos de redución de velocidade' que organiza a Deputación á que están convidados alcaldes, concelleiros, técnicos e policías locais, ademais de entidades como colectivos ciclistas ou ANPAS, todos eles vencellados coa mobilidade.
Esta data foi elixida, segundo explicou Mosquera, dado que o vindeiro domingo celebrarase o ‘Día Mundial en lembranza das vítimas de violencia viaria'. "Na Deputación queremos facer un esforzo de asesoramento para avanzar na seguranza viaria e na aposta por unha mobilidade sustentable na provincia, porque boa falta fai. A rede viaria é das peores, senón a peor do estado e hai claros indicadores disto, como son os custes dos seguros dos coches: temos os seguros máis caros do estado porque somos a provincia de maior número de sinistros. A Deputación ten 1.700 quilómetros de vías e quere actuar nelas e asesorar aos concellos", destacou.
O vicepresidente subliñou que é preciso afondar na nova concepción da mobilidade que aposta polo calmado do tráfico como fórmula para reducir a sinistralidade e o número de vítimas, polo que o departamento dirixido polo deputado Uxío Benítez pretende achegar á cidadanía o traballo doutros organismos implicados na materia.

Así, nas xornadas do vindeiro martes estará presente a presidenta de Stop Accidentes en Galiza, Jeanne Picard, que falará dende a visión da ONG (recoñecida de utilidade pública e fundada por familiares e amigos de vítimas de accidentes de tráfico) sobre as ‘Medidas urxentes e necesarias para loitar contra a violencia viaria'.

Tamén participará o Xefe de área de Xestión da Mobilidade da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), Pedro Tomás Martínez, quen dará a coñecer a ‘Estratexia T. O tratamento de travesías para a seguranza viaria e a habitabilidade' que a DXT quere aplicar en todas as travesías do estado español nun curto espazo de tempo. Hai que lembrar que a DXT convidou recentemente á Deputación de Pontevedra a participar na elaboración da mencionada Estratexia, considerando que o Plan Móvese é unha ‘experiencia de referencia' que pode ser estendida a outros territorios.

Así mesmo, tamén asistirá ás xornadas o xefe da Policía Local de Pontevedra, Daniel Macenlle, quen falará da experiencia de Pontevedra coa palestra exposta no Congreso da FEMP ‘Cidades que Camiñan' celebrado en Torrelodones o pasado mes de outubro, aportando datos cuantitativos que reflexan a clara relación entre o calmado do tráfico e a redución do número de sinistros.

Finalmente, o responsable de Mobilidade, Uxío Benítez, presentará as actuacións que a DEPO realizará nos concellos da provincia de Pontevedra ao abeiro do Plan MOVESE (Mobilidade e Velocidade Seguras), que consisten na instalación de pasos de peóns sobreelevados, redutores físicos de velocidade de vehículos e instalacións de zonas 30 nas estradas provinciais. Todos estes elementos procuran o calmado e pacificación do tráfico.

Congreso de Cidades d*s Nen*s en Bilbao
Por outra parte, o vicepresidente Mosquera deu a coñecer tamén a súa participación nas Xornadas #UmHerri2016 Cidade e Infancia que se desenvolverán mañá e pasado en Bilbao. O obxectivo deste certame, segundo explicou, é volver reactivar a rede vasca de Cidades d*s Nen*s que se puxo en marcha hai anos ao abeiro da filosofía de Francesco Tonucci e que a día de hoxe está inactiva.

Mosquera destacou que a iniciativa para retomar o proxecto vén desta vez da man dos colexios vascos e navarros de arquitectos o que, ao seu entender, garante un maior éxito. "Hai un problema serio para o tratamento dos espazos urbanos públicos, que é que historicamente os arquitectos dedicábanse á construción de edificios e os enxeñeiros ao deseño de vías. Se agora hai unha implicación para facer as actuacións urbanas á medida das nenas e nenos por parte deste colectivo é algo a ter en conta", subliñou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí