Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O pleno da deputación de pontevedra aproba o novo orzamento para 2017

A institución provincial contará o próximo ano con máis de 152,4 millóns de euros crecendo un 2,2 por cento sobre o disposto en 2016

A institución provincial contará o próximo ano con máis de 152,4 millóns de euros crecendo un 2,2 por cento sobre o disposto en 2016

Fecha: 29 de Diciembre de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe definitivamente o proxecto de orzamentos de 2017 que conta con 152,4 millóns de euros que se achegan a sumar ate os 155 millóns de euros se suman todos os organismos dependentes da institución provincial.

Con respecto ao orzamento do ano 2016 o novo proxecto para 2017 medra un 2,2 por cento sendo continuista nas liñas políticas afianzadas ao longo deste ano. A sesión plenaria de hoxe, a última do ano, rexeitou as alegacións presentadas e ratificou o texto definitivo das contas da institución provincial para o próximo ano.

O resumo das grandes cifras do orzamento se poden concretar no apoio aos concellos o través do "Plan Concellos 2017" cunha partida de 41,2 millóns, máis as liñas de axuda noutras áreas como son a implantación de novas tecnoloxías, o plan revitaliza, ou a protección de montes, entre outras, que a suman para asistencia económica e tecnicamente ós concellos se reserven 49 millóns de euros.
A outra gran partida do orzamento é a destinada a emprego, actividade económica e infraestruturas cun total de 34,5 millóns de euros en medidas que apoien e fomenten o crecemento do emprego provincial. Esta partida representa o 22,6% do orzamento, un 2,6% máis que no 2016.
A terceira gran partida e a adicada a Cohesión social, cultura, xuventude e deportes, aos que se engade o orzamento do Servizo de Igualdade. En total, 32,4 millóns, o 21,1% do orzamento, un 12% máis que no 2016.
No que respecta a emprego, a Deputación vai adicar no 2017 máis de 13 millóns destinados a fomentalo na provincia complétanse tamén coas axudas as empresas, especialmente Pemes, para que poidan crear novo emprego.
Catro millóns do orzamento e para continuar cun modelo de atracción turística que debe reforzar o pulo a unha atracción turística integral que vai rachando coa perspectiva estacional limitada e baseada nos tópicos de tratamento da provincia que estaban ao uso.
Outra das grandes cifras e dos grandes proxectos impulsados pola nova Deputación son os case catro millóns de euros, para o tratamento e xestión de residuos, para o subministro de composteiros e para mellora dos montes dentro do proxecto Revitaliza.

Outro dos obxectivo básicos dos orzamentos da Deputación de Pontevedra para o 2017 é a igualdade para que o se creou en 2015 un servizo adicado a elo. Neste orzamento reforzase os seus medios destinando máis dun millón de €, un 41,3% máis que no 2016.

O cuarto grande obxectivo é acadar unha maior cohesión social, apostar polos servizos, a xuventude, a cultura e o deporte. Neste campo, o servizo de cohesión social contará cun orzamento de 5,5 millóns de € para o impulso dos servizos sociais municipais, un 7,4% máis que no 2016. Tamén a xuventude, a través do centro da Lanzada contará cun 6% máis de orzamento e 10,9 millóns de € se destinarán ó Centro Príncipe Felipe.

En canto ós servizos lingüísticos e promoción cultural, se destinarán 3,7 millóns de €, un 6,5% máis que no 2016, e a xestión do Museo e o patrimonio documental e bibliográfico recibirá máis de 6 millóns de e. O Museo recibirá un 4% máis que no 2016 e a Escola de Cantería tamén incrementará un 4,5% o seu orzamento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí