Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O pleno de A Guarda esixe á Xunta o remate da Via de Altas Prestacións A Guarda-Tui

A moción levada ó pleno do 25 de novembro polo GMS foi aprobada por unanimidade

Ponte sobre o Tamuxe no Rosal no traxecto existente entre A Guarda e Goián-Tomiño

Fecha: 03 de Diciembre de 2016

Fuente: PSdeG-PSOE A Guarda

O Grupo Municipal Socialista da Guarda presentou ante o pleno da corporaciónmunicipal celebrado o pasado 25 denovembro unha moción na que se pide á Xunta de Galicia o emate da Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda.

Segundo se extrae de dita moción, o pasado día 8 de novembro de 2016 no terceiro discurso de investidura de Alberto Núñez Feijoo, o candidato a presidencia da Xunta de Galicia dixo literalmente referíndose as actuacións previstas para a próxima lexislatura en materia infraestruturas viarias de altas prestacións: "... así completaremos a rede de Vías de Altas Prestacións para que a práctica totalidade dos galegos teñamos ao noso carón unha infraestrutura de especial relevancia como: finalizar a autovía do Morrazo, finalizar a conexión da vía Artabra coa autoestrada do Atlántico, o enlace do polígono de San Cibrao da Viñas en Ourense coa Autovía, o enlace de Areas no Baixo Miño na vía Tui-A Guarda..."

Dende o GMS afirman que "chama a atención que nomea pormenorizadamente as actuacións que ten previsto realizar pero que entre elas non aparece a finalización da Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda, a nosa comunicación coa autoestrada do Atlántico. Este "esquecemento" parécenos moito máis grave cando para este ano 2016 a propia Xunta de Galicia tiña nos seus orzamentos unha partida de 3.641.526 € para a VAP Tui-A Guarda que desviou para outra infraestrutura e ademais tiña previsto investimentos para os anos 2017 e 2018 por valor de máis de dez millóns de euros."

A Guarda non se pode permitir estar 4 anos máis nesta situación. A VAP Tui - A Guarda é prioritaria para o noso concello. Non podemos permitir que a Xunta de Galicia se siga esquecendo de nós, desta vía de comunicación depende unha parte importante do noso futuro.

Xa manifestamos en anteriores demandas, veciños, grupos políticos e empresarios, que non imos a renunciar a esta infraestrutura. Consideramos que diante do "esquecemento" do presidente Feijoo no discurso de investidura, debemos trasladar a Xunta de Galicia de novo as nosas demandas e sentimento como Corporación Municipal.
A moción presentada foi aprobada por unanimidade chegando ó seguinte acordo:
1. Reiterar a esixencia á Xunta de Galicia de que faga un plan de investimentos
razoables para o remate da Vía de Altas Prestacións Tui - A Guarda.
2. Trasladar esta demanda ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo
3. Trasladar tamén esta demanda aos portavoces dos grupos políticos con representación no Parlamento Galego.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones