Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O pleno provincial da luz verde -ao mellor orzamento da historia da Deputación de Pontevedra-

O orzamento de 158 millóns de euros, o máis alto da historia, volve a avaliar -que en transferencias directas a concellos seguimos a ser a Deputación que lidera o ranking estatal-

O orzamento de 158 millóns de euros, o máis alto da historia, volve a avaliar -que en transferencias directas a concellos seguimos a ser a Deputación que lidera o ranking estatal-

Fecha: 24 de Noviembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

O pleno extraordinario da Deputación de Pontevedra deu hoxe luz verde a aprobación inicial do orzamento para 2019, "o mellor orzamento da historia desta institución", en palabras do deputado Carlos Font, que confirmou que "estas contas volven a probar que somos a Deputación de toda España que máis transferencias directas fai aos concellos. Non o dixemos nós, lembrou o deputado, dino os datos oficiais do Ministerio de Facenda cando estaba dirixido por Montoro, así que dúbidas ningunha". Amais, sinalou Font, as contas compren con todo, regra de gasto, estabilidade orzamentaria e límite da débeda "que pasou dos 39 millóns de euros que nos atopamos ao chegar ao goberno ata os 7 actuais"

Sempre segundo a fonte oficial do Ministerio, Carlos Font cifrou nun 28,6% a porcentaxe de transferencias da Deputación de Pontevedra aos concellos, fronte á media do estado dun 0,9% "e moi por enriba de Deputacións como Ourense cun 0,06%; Valladolid cun 14%; Zamora cun 6%; Málaga cun 2,8%; Segovia cun 1,2%; Almería cun 0,5%; León 0,4%; ou Cuenca cun 0,25%. Todas gobernadas polo PP", recordou o deputado. "Non hai nada mellor que a comparativa para entender a idoneidade das nosas contas porque as cifras oficiais son espectaculares e supoñen unha xestión sobresaínte á cabeza do resto da Deputacións do Estado".

O voceiro do goberno lembrou, ademais, que a porcentaxe do esforzo inversor da Deputación de Pontevedra dos capítulos 6 e 7 "é o máis alto de España cun 31%. Nada que ver, dixo o deputado coas Deputacións gobernadas polo PP como Ourense cun 24,6%; Alicante cun 24,5%; Málaga cun 24%; ou Segovia cun 11,6%, por poñer so algúns exemplos". Estamos a facer desde hai tres anos un esforzo extraordinario e continuo. Nunca, na historia desta Deputación se fixeron tantos investimentos nos concellos e, ademais, con equidade, criterios técnicos e obxectivos e unha xestión efectiva". "Os datos do Ministerio son contundentes, dixo Font. Falamos de que a día de hoxe son 1575 obras, escollidas con total autonomía polos concellos, as que se presentaron nesta Deputación e por un importe de 122.653.057 euros. E que só en mobilidade hai 53 obras en toda a provincia en licitación, execución ou finalizadas por case 50 millóns de euros. ¿Alguén pode contrarrestar estas cifras?", preguntou o deputado. Font ofreceu tamén datos oficiais sobre a débeda pública da Deputación de Pontevedra, "que rebaixamos ata o actual 5,5%, fronte ao 9% da media das Deputacións do estado, ou o máis do 10% que ten a Deputación de Ourense. Pode dicir o PP que estou a mentir?. Non pode", dixo.

O voceiro do goberno provincial tamén relatou os datos "para as cousas que de verdade importan á xente". Para fomento do emprego, a Deputación de Pontevedra lidera o esforzo en toda España cun 4,24%, fronte a media do 2,5% do resto das Deputacións, en moi por enriba dos números das Deputacións gobernadas polo PP, como Ourense cun 2,02%; Burgos cun 3,7%; Palencia cun 3,3%; Guadalajara cun 3,2%; Salamanca cun 2,2%; ou Castellón cun 1,17%.

En canto ao apoio aos sectores produtivos "os datos oficiais volven a situarnos á cabeza do estado cun 3,5%, cando a media de todas as deputacións é do 0,2%, e as gobernadas polo PP se quedan por exemplo cun 1% en Ourense; un 3,2% en Ávila; 1,5% en Málaga; 2,17% en Salamanca ou 0,18% en Alicante".

"O mesmo pasa, dixo Carlos Font, cando imos aos datos do Ministerio no apoio á actividade económica en sectores como o comercio, turismo ou pemes". A Deputación de Pontevedra ten unha porcentaxe do 2,13% fronte ao 1,6% da media estatal, e tamén por enriba das Deputacións gobernadas polo Partido Popular: 1,57% Almería; 1,5% Salamanca; 1,4% Ávila; 1,4% Zamora; 1,38% Valladolid; ou 1,26% Ourense

O liderado da Deputación de Pontevedra é claro tamén no apoio á Cultura cun 7,6% fronte a media do 6% do resto das Deputacións, e superior ás gobernadas polo PP. Pasa o mesmo no apoio ao Deporte: un 5,1% en Pontevedra fronte a media estatal do 4% ou o 3,4% da Deputación de Ourense, amais de todas as gobernadas polo Partido Popular que están tamén por debaixo.

Carlos Font tamén quixo resaltar o dato oficial do Ministerio en canto ao gasto da Deputación de Pontevedra nos seus órganos de goberno, "para deixar clara unha mentira das moitas que conta o PP, que cree que se repiten cen veces a mesma falacia convértese en verdade". "Pois non, dixo o deputado, a Deputación de Pontevedra destina un 1,9% a este concepto, no que por certo tamén va incluído o gasto do Partido Popular, un 1,9% fronte ao 4,3% da Deputación de Ourense que o duplica, e fronte ao resto das deputacións gobernadas polo PP como Segovia cun 4%; Guadalajara 3,6%; Málaga 2,85%; Alicante 2,77%; Almería 2,5%; Castellón, 2,4%; Palencia 2,36%; ou Ávila 2,36%. E por enriba, engadiu Font, con cero euros de libre disposición. Pode desmentir o PP tamén estes datos?".

O voceiro do goberno rematou asegurando que "estamos ante o mellor orzamento da historia desta Deputación, o máis elevado, e que ven a revalidar a nosa aposta por unha nova provincia de Pontevedra á que xa lle dimos a volta neste case catro anos".

Os números do orzamento
O orzamento de 2019 supón 157.962.348€ que, co consolidado (Escola de Enfermería e os Consorcios de Protección contra Incendios) ascende a 161.384.163 euros.

O Plan Concellos vai ter 43,4 millóns de euros, cun incremento do 3% con respecto ao 2018. Terá unha dotación de 9,5 millóns de euros para emprego, 30 para investimentos e 3,9 millóns para actividades e gasto corrente.

No caso dos servizos, Medio Natural e Desenvolvemento Rural terá un orzamento de 1,8 millóns de euros. Así, aumentarase o gasto nas tarefas de prevención de pragas así como nos orzamentos para Mouriscade, que se incrementa nun 2,5%, e para a Estación Fitopatolóxica do Areeiro que terá un 5,8% máis que no 2018. En canto a Emprego, a Deputación destinará 3,3 millóns de euros para o seu fomento aos que se engaden os 9,5 millóns para a xeración de emprego que inclúe o Plan Concellos, polo tanto 12,8 millóns, un 8,2% máis que o pasado ano.

A área de novas tecnoloxías terá un orzamento de 5,73 millóns de euros, un 9,15% máis que no 2018, para continuar prestando os servizos para modernizar as administracións locais. Turismo recibirá 3,6 millóns de euros para seguir cos obxectivos marcados no Plan Estratéxico; e a área de Infraestruturas recibirá 17,67 millóns de euros, cun incremento que multiplica por cinco a media de crecemento do orzamento, para seguir impulsando a política de mobilidade provincial.

En igualdade, unha das liñas prioritarias do goberno, o incremento do orzamento será do 8,9% ata acadar 1.273.992 euros. A área de Cohesión Social e Xuventude contará no 2019 cun orzamento de máis de 6 millóns de euros, un 7,6% máis que no 2018, e en Servizos Lingüísticos e Promoción Cultural 4 millóns de euros, un 3,12% máis que este ano. O Museo de Pontevedra contará cun orzamento de 4,4 millóns e Patrimonio con 1,5 millóns de euros. Tamén se incrementará o orzamento da Escola de Cantería ata os 798.000 euros, para impulsar accións tendentes á consecución da homologación da formación impartida na escola. En canto ao Deporte, o goberno de Carmela Silva destinará 5 millóns de euros a este servizo. O orzamento contempla o financiamento do Campionato Mundial Júnior de Balonmán que se celebrará en Pontevedra e Vigo no 2019 e vai ser financiado pola Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones