Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP considera desorbitada a suba da taxa do lixo aprobada polo Goberno Local de Tomiño

Os mesmos que presumen de apoiar e defender ao pequeno comercio son os que despois os condean a esta suba que nalgúns casos supón un incremento de máis do 100% con respecto á taxa actual

Os mesmos que presumen de apoiar e defender ao pequeno comercio son os que despois os condean a esta suba que nalgúns casos supón un incremento de máis do 100% con respecto á taxa actual

Fecha: 26 de Octubre de 2016

Fuente: PP de Tomiño

O voceiro do PP de Tomiño, Esteban González Miranda, considera desorbitadas a nova taxa do lixo aprobada polo Goberno Local no pleno celebrado este martes. "Lamentamos a falta de sensibilidade tanto cos veciños como co pequeno comercio, que verán aumentado este imposto nun 100%".

Segundo os populares, o Concello gasta 400.000 euros ao ano en pagar este servizo que supera os 670.000 euros incluindo o recaudado pola taxa actual; e en lugar de buscar outras alternativas máis económicas e investir noutras necesidades prefiren gravar aínda máis aos veciños facéndolle pagar o dobre do que viñan pagando por un servizo que non vai mellorar en nada, que vai quedar tal e como está.

Nesta liña, Esteban González, considera que esta suba desorbitada é innecesaria, non xustifica o non querer gastar o diñeiro dos impostos que pagan actualmente os tomiñeses sendo máis ca suficientes para facer fronte ao custo deste servizo. A cambio castiga a os veciños con este aumento da taxa.

"Con esta suba deberían estar avergonzados, por non ser capaces de priorizar á hora de elaborar os orzamentos anuais e polas dedicacións exclusivas que teñen, que nin se xustifican nin se tocan".


O voceiro popular sinala ademais que na nova estrutura tarifaria hai certos datos moi sorprendentes, que antes ou despois o Goberno Local vai ter que explicar.
¿Como pode pagar a mesma cantidade unha gasoliñeira, un tanatorio e unha igrexa(600euros) e as explotacións agrícolas e de floricultura pagar 500 euros menos?".

Os mesmos que presumen de apoiar e defender ao pequeno comercio e a hosteleria son os que despois os condean a esta suba que nalgúns casos supón un incremento de moito máis do 100% con respecto á taxa actual, conclúe o voceiro popular.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones