Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O PP critica que o bipartito provincial careza a estas alturas de unha estratexia clara para o turismo

Lamenta que nuns días nos que deberían estar presentando a estratexia promocional da marca Rías Baixas en FITUR, o bipartito aínda non sabe que facer co turismo

? Critican que a contratación do plan estratéxico que anunciaron esta semana chega tarde, xa que debería ter sido o primeiro paso deste goberno.

Fecha: 13 de Enero de 2017

Fuente: PP Pontevedra

O grupo provincial do Partido Popular lamenta que, ano e medio despois de gobernar a Deputación de Pontevedra, o bipartito careza a estas alturas de mandato de unha estratexia clara para o turismo, un dos sectores máis importantes desta provincia. "É un dos principais sectores e agora demóstrase que non teñen unha orientación clara, non saben que facer coa promoción do turismo desta provincia", lamenta a voceira do grupo, Nidia Arévalo.

Para o PP a contratación deste plan chega tarde. "Levan case dous anos gobernando e acórdanse agora de que precisan un plan e unha estratexia? Este debería ter sido o primeiro paso deste goberno en materia de turismo, pero está claro que descoñecen cal é o seu papel e cal debe de ser a súa acción, e levan perdidos ano e medio de traballo, ano e medio para seguir posicionando o turismo desta provincia no lugar que se merece". Ademais, explica, que aínda que a elaboración deste plan sae agora a concurso, non comezará a implantarse ata finais de ano, polo que será outro ano perdido para o turismo nesta provincia.

A voceira popular lamenta que a uns días de celebrar Fitur, a feira de turismo máis importante de España, en lugar de falar das estratexias de promoción turísticas, o que están facendo é sacar a concurso a elaboración do plan. "Teñen que recoñecer a súa incompetencia, aínda non foron quen de deseñar unha estratexia de turismo. Queren rachar con todo o que había antes, pero sen unha alternativa, sen unha proposta clara e de éxito".

"É unha irresponsabilidade total deste bipartito, un claro exemplo da súa improvisación e da falta de ideas na súa xestión, a día de hoxe aínda están perdidos e non saben como gobernar esta casa", critica a voceira. Ademais, recorda que precisamente o turismo é unha das cuestións que o PP alegou nos orzamentos da institución provincial. "Reclamamos unha Deputación cun rumbo claro. O turismo é un sector estratéxico, un piar fundamental desta provincia, e cando antes había un Goberno que a estas alturas estaba preparando Fitur, unha feira indispensable para as Rías Baixas, hoxe hai un bipartito que aínda non sabe que vai facer co turismo nos próximos anos".

Ademais. amósase sorprendida porque esta semana o Goberno bipartito anunciase a aprobación do expediente para contratar una plan estratéxico de turismo, máis cando hai catro meses xa o estaban presentando aos profesionais no exterior do Pazo Provincial. "Canto hai que presentaron este plan de turismo ao sector? Agora demóstrase que organizaron aquel acto cos profesionais para presentar un plan que non existía, para vender fume, porque a realidade é que non tiñan un plan, nin unha orientación, nin saben que estratexia van seguir co turismo para os próximos dous anos", critica Nidia Arévalo, que esixe que pidan desculpas ao sector.

Recordan que xa naquel momento o PP pediu copia dese plan estratéxico que estaban presentando, pero como xa é habitual, non recibiron ningunha resposta. "Agora sabemos por que, porque non había nin hai tal plan estratéxico", sinala.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí