Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP DE TOMIÑO CRITICA O INVESTIMENTO DE 200.000 EUROS PREVISTA PARA A REFORMA DO SALÓN DE PLENOS

Esteban González Miranda, critica o gasto de 200.000 euros que o Goberno local quere investir cos fondos que recibe da Deputación para reformar o salón de plenos

Esteban González Miranda, critica o gasto de 200.000 euros que o Goberno local quere investir cos fondos que recibe da Deputación para reformar o salón de plenos

Fecha: 04 de Abril de 2016

Fuente: PP de Tomiño

O voceiro do PP de Tomiño, Esteban González Miranda, critica o gasto de 200.000 euros que o Goberno local quere investir cos fondos que recibe da Deputación para reformar o salón de plenos e considera que o máis normal sería darlle uso á casa da cultura, a pesar de facer un importante investimento na reforma no seu día.

Nesta liña sinala que o único motivo polo que queren reformar o salón de plenos é porque lles é incómodo ter que abrir e cerrar a casa da cultura, e non é que o diga o PP, dino os propios membros do Goberno local. "Representan a vagancia máxima, pero como os cartos non saen dos seus petos, esquecen o que se gastou na casa da cultura e queren sacarlle utilidade".

Cafetería da Fortaleza de Goián

Outra das "obras estrela" do goberno local, segundo o Partido Popular, vai ser gastar 123.000 euros na cafetería da Fortaleza de Goián, "non quedaron contentos con gastar 1,4 millóns de euros nun recinto que agora está completamente inservicial, sen visitantes e sen actividade, que agora gastan 123.000 euros máis en servicios e nunha cafetería".

O principal problema que se vislumbra con estas propostas é a súa falta de saber xestinar. Que destinen os cartos en obras que repercutan no beneficio dos propios veciños e non obras innecesarias, como a reforma de salón de plenos. Dende o PP de Tomiño instamos a que destienen estas cantidades a saneamento e a mellora de carreteras, recalcando a necesaria mellora da carretera principal da parroquia de Estás, parroquia da alcaldesa, que está nun estado lamentable. González Miranda "celebra que Tomiño reciba maior aportación por parte da Deputación, pero tamén pedimos que se priorice nas necesidades que realmente temos".

E mentres malgastan os cartos desta forma, as asociacións culturais, deportivas e veciñais seguen sen saber que vai ser das súas axudas. Na Deputación dinlles que agora teñen que solicitar a axuda nos Concellos, que alí é onde teñen os cartos pero o certo é que só se poden cubrir as actividades organizadas polo propio concello.

O voceiro do PP insta a alcaldesa e ao concelleiro e deputado provincial que expliquen aos veciños en que van investir os cartos e que o argumenten. E que lles digan ademais aos colectivos que agora, co novo goberno da Deputación, van deixar de percibir un apoio importante para o desenvolvemento da súa actividade. Un apoio que coa anterior Deputación do PP se vian beneficiados do Plan Cultural que foi eliminado. Cabe destacar que o famoso Plan concellos da actual Deputación vese mermado en 20 millóns menos, por moite que o neguen, pasando de 60 millóns entre os distintos plans coa Deputación do PP a 40 millóns, coa Deputación Psoe-Bng, en beneficio de Vigo e Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones