Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP DE TOMIÑO CRITICA QUE NOS ORZAMENTOS DE 2016 SE REDUZA O GASTO REAL NUN 55% MENTRES SE AUMENTA OS SOLDOS DOS MEMBROS DO GOBERNO

A modo de exemplo, o voceiro popular explica que o investimento real pasa do 900.000 euros de 2015 aos 500.000 en 2016

A modo de exemplo, o voceiro popular explica que o investimento real pasa do 900.000 euros de 2015 aos 500.000 en 2016

Fecha: 30 de Diciembre de 2015

Fuente: PP de Tomiño

Na sesión plenaria celebrada onte pola tarde o Partido Popular de Tomiño votou en contra dos orzamentos de 2016 presentados polo grupo de goberno por consideralos, "un engano para todos os veciños".

O máis chamativo para o Grupo Popular é que diminúa o investimento real que repercute no beneficio dos veciños de Tomiño ou o gasto en persoal mentres se aumenta a cantidade destinada aos soldos dos membros do goberno, pasando de 145.000 euros a 153.700 euros, e se aumenta no próximo ano as dedicacións exclusivas, pasando de 3 a 4 concelleiros que terán un salario do concello.

Segundo o voceiro popular, a única preocupación que ten o goberno local neste momento céntrase única e exclusivamente nos seus propios intereses, agora xa non lles interesan os veciños, e a mellor mostra son os números que presentan os orzamentos do próximo ano.

Uns orzamentos que supoñen, a criterio dos populares, un completo engano aos veciños e que demostran ademais que os orzamentos de 2015 foron electoralistas, con actuacións que se acometeron a dous meses de celebrarse ás eleccións.

A modo de exemplo, o voceiro popular explica que o investimento real pasa do 900.000 euros de 2015 aos 500.000 en 2016, o que supón unha redución de un 55%, polo que se ve reducido o gasto en saneamento, en pavimentación ou mellora de camiños ou a partida de parques e xardíns.

"Venden o saneamento como algo primordial para o goberno do BNG e para 2016 destinan 120.000 euros, cando no orzamento do 2015 foron 300.000", sinala González Miranda.

A pavimentación ou mellora de camiños redúcese tamén de 80.000 a 30.000 euros, e a partida de parques e xardín sofre unha redución do 50%, pasando de 28 a 14.000 euros. González Miranda destaca que estas accións foron levadas a cabo nos dous meses antes das eleccións municipais.

O voceiro popular bota en falta tamén, máis investimento en cultura, onde só se destinan 30.000 euros, o apoio ao comercio, ou o deporte, a pesar de que os clubes deportivos non saben o que lles ampara o próximo ano.
Son, segundo Esteban González, uns orzamentos moi curiosos, onde te podes atopar con cousas como que se van destinar 30.000 euros a un estudo no que se vai analizar como mellorar o gasto en asuntos sociais, despois de que levan 8 anos gobernando.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones