Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP de Tomiño critica que nos orzamentos de 2018 se reduza o gasto real nun 50% con respeto o ano electoral 2015

O presuposto aumenta un 6% mentres as inversións disminuen por terceira vez no que vai de legislatura.

As as parroquias volven a ser as grandes perxudicadas.

Fecha: 02 de Enero de 2018

Fuente: PP de Tomiño

Na sesión plenaria celebrada onte pola tarde o Partido Popular de Tomiño votou en contra dos orzamentos de 2018 presentados polo grupo de goberno por consideralos, "un colchón de aforro de cara as vindeiras eleccións municipais".

O máis chamativo para o portavoz municipal do Grupo Popular, Esteban González, é que diminúa o investimento real que repercute no beneficio dos veciños de Tomiño mentres o presuposto aumenta en 430.000 euros con respeto a este ano.

Segundo o voceiro popular, a unica partida que se aumenta e a de persoal, por motivo da recén aprobada RPT, algo tan demandado polos empregados do concello, que aumenta en algo máis de 100 mil euros.

Uns orzamentos que supoñen, a criterio dos populares, un aumento na recaudación de impostos que non xustifica a falta de inversións que consideran insuficientes;recalcando que serán os tomiñeses quen paguen 119.000 euros máis de IBI ou o doble de taxa de lixo". Este afan recaudatorio da que pensar que xa se está pensando máis na próximo ano electoral que nos interes dos veciñós". A modo de exemplo, o voceiro popular explica que o investimento real pasa dos 900.000 euros de 2015 aos 500.000 en 2016, 483.000 neste 2017 e 460.000 para o próximo ano, o que supón unha redución de un 50%, polo que se ve reducido o gasto en saneamento, en pavimentación ou mellora de camiños e distintas melloras nas parroquias.

Nestes recortes cabe destacar a rebaixa na partida o comercio, que se ve reducida de 25.000 euros de hai dous anos a escasos 5.000 para o ano que ven; sobre esta cuestión non se me deu resposta algunha, pedindo mesmo trato para os comerciantes que o mercado municipal, recalca Gonzalez Miranda.

A partida para as Comunidades de augas considerámola insuficiente para a cometer todas a melloras necesarias e que están sendo acadadas gracias o Plan de axudas da Xunta de Galicia, que no seu día eran axudadas pola Deputación. O portavoz municipal popular, volve a facer petición ao goberno municipal :" que todo o montante que sea recibido do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra sexa invertido no seu 100% a saneamento"; xa que as parroquias serán unha vez máis as verdadeiras perxudicadas, afirma, Esteban González.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones