Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP de Tomiño denuncia apagóns no alumeado público na praza de Figueiró e noutros puntos do municipio e solicita ao goberno que esixa a reposición do servizo

Os populares revelan que o centro de Figueiró leva máis dunha semana completamente a escuras polas noites e consideran -inadmisible- esa situación, ao tempo que alertan de que os cortes e caídas na iluminación se reproducen, con menor intensidade, noutros

Os populares revelan que o centro de Figueiró leva máis dunha semana completamente a escuras polas noites e consideran -inadmisible- esa situación, ao tempo que alertan de que os cortes e caídas na iluminación se reproducen, con menor intensidade, noutros

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Marzo de 2024

Fuente: PP de Tomiño

O grupo municipal do PP de Tomiño vén de denunciar diversos problemas no alumeado público do concello despois de que, nos últimos días, se estean a producir prolongados apagóns nos puntos de luz que están a afectar principalmente á praza central da parroquia de Figueiró, pero que tamén se están a detectar, con menor intensidade e periodicidade, noutros lugares e camiños.

Os populares revelaron que o centro de Figueiró leva máis dunha semana completamente a escuras polas noites, o que motivou que moitos veciños desta contorna lles trasladaran as súas queixas por esta situación, e tamén que os problemas do alumeado público se están a reproducir cunha menor gravidade noutros puntos do rural tomiñés.

A voceira municipal, Lara Meneses, considera que estes cortes e caídas son “inadmisibles”, xa que prexudican moito a calidade de vida da veciñanza tanto para os seus desprazamentos en vehículo ou a pé, como para a seguridade viaria ou, simplemente, a presenza cotiá nestes espazos públicos en horario nocturno.

Por todo elo, a concelleira popular vén de solicitarlle ao goberno local que esixa a inmediata reposición e o funcionamento axeitado do alumeado público á firma enerxética, xa que o Concello ten que responsabilizarse de que os servizos que ten contratados se presten de xeito correcto para non afectar aos cidadáns. Así, insta ao executivo nacionalista a que se dirixa á empresa distribuidora para demandarlle a corrección inmediata destas deficiencias, sempre e cando, como parece, sexa unha cuestión derivada do servizo enerxético e non dos báculos, farolas ou outras infraestruturas municipais dos sistemas de iluminación.

“Está claro que, se está fallando o subministro, o Concello non é culpable, pero si é responsable e competente de que o alumeado estea operativo, xa que paga as correspondentes facturas eléctricas, polo que ten que dirixirse á empresa distribuidora de inmediato e que lle poña couto a este problema”, indicou Meneses, que engadíu que, de non solucionarse estas deficiencias en próximas datas, presentará unha iniciativa para abordar esta cuestión no pleno municipal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí