Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP de Tomino propón unha nova ordenanza fiscal sobre bens inmobles -máis xusta- para os veciños

Recordan que a ordenanza actual, aprobada en 2008 polo BNG, está obsoleta e non se axusta á realidade socio económica do concello

A súa proposta pasaría por modificar a actual ordenanza e adaptala á Lei de Facendas Locais de 2004, así como pola aplicación da bonificación de tipos

Fecha: 22 de Mayo de 2019

Fuente: PP de Tomiño

O candidato do Partido Popular de Tomiño, Esteban González Miranda, considera que chegou o momento de realizar unha modificación da actual ordenanza fiscal que se aplica neste concello.

Cabe recordar que esta ordenanza foi aprobada no pleno da corporación o 28 de agosto de 2008 sendo alcaldesa a nacionalista Sandra Gonzalez. "Este IBI está obsoleto a día de hoxe e non se axusta a realidade socio económica de Tomiño", asegura o líder dos populares de Tomiño.

O partido popular de aquel entonces xa advertiu no 2008, cando se levou a modificación do catastro, do impacto económico que suporía para as familias, "xa que o valor catastral aprobado era moi superior a realidade económica do momento", engadiu Esteban González Miranda. "Unha vivenda de aquel entón, que rondaba os 35.000 ou 40.000 euros, pasou a ser valorado nuns 80.000 segundo esta ordenanza". Así, as familias que pagaban 40 euros gobernando o PP, coa revisión catastral do 2008, realizadapolo BNG, pasaron a pagar 260.

Os populares aseguran que a súa proposta "para mellorar a economía dos veciños, aos que inxustamente se lles está a cobrar de máis sen ter os servizos básicos", pasaría por modificar a actual ordenanza e adaptala á Lei de Facendas Locais de 2004 e ao real decreto 2/2004 do 5 de marzo. Ademáis, tamén apoian os populares a aplicación da bonificación de tipos, algo que a día de hoxe non se contempla na actual ordenanza, como a bonificación de ata o 90% para has familias numerosas, progresivamente en 4 anos; de ata o 30% de aqueles bens inmobles que aproveiten a enerxías limpas ; de ata o 30% da cota íntegra do imposto, aplicada progresivamente en 4 anos, naquelas parroquias que teñen un nivel de servizo básico baixo como o saneamento (algo que sucede en parroquias como Taborda, Amorín ou Sobrada, por exemplo); bonificación de carácter obrigatorio para aqueles promotores de bens inmobles, como empresa; e unha bonificación do 30% para vivendas de nova construción coa tipoloxía de vivenda oficial. "Esta é a nosa proposta", rematou Esteban González Miranda. "É concreta, factible e real, e permitiría que dunha vez por todas se fixera xustiza cos nosos veciños".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones