Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP de Tomiño rexeita a implantación do imposto de plusvalía aprobada en pleno cos votos do BNG

O voceiro popular considera que este imposto xera polémica porque se está aplicando con independencia de se existe ou non un beneficio.

Esteban González Miranda, voceiro do PP de Tomiño

Fecha: 12 de Septiembre de 2016

Fuente: PP de Tomiño

O voceiro do PP de Tomiño, Esteban González Miranda, rexeita a implantación do imposto de plusvalía aprobada no pleno do pasado xoves cos votos do BNG. No PP consideran innecesario e fóra de toda lóxica esta imposición dada a situación actual, dado que este imposto está actualmente acorralado polos xulgados e o Tribunal Constitucional.

Os populares consideran que o fin do equipo de goberno é puramente recadatorio, motivado por intención politica, como ben deixou claro a acaldesa na Comisión plenaria do pasado luns; demostrando que non teñen en conta as sentenzas a favor dos contribuíntes que recurren as liquidacións xeradas polos concellos.

González Miranda explica que "na situación actual na que se cuestiona a inconstitucionalidade ante o Alto Tribunal para que así se determine se este imposto de plusvalia vulnera o artigo 34 da Constitución que establece que todos contribuirán al sostenimiento de los gastos públicos de acuerdo con su capacidad económica mediante un sistema tributario justo inspirado en los principios de igualdad y progresividad que, en ningún caso, tendrá alcance confiscatorio, esta cuestión plantéaa o xulgado Contencioso-administrativo nº3 de San Sebastián , entre outros, como Vitoria ou Madrid.

O voceiro popular considera que este imposto xera polémica porque se está aplicando con independencia de se existe ou non un beneficio.

"Na época do boom inmobiliario, cando a inmensa maioría das ventas xeraban plusvalías, isto non supoñía problema. Pero agora moitos dos contribuíntes que venden un inmoble fano por un prezo inferior o que compraron", explica Esteban González.

Nesta liña, o voceiro popular considera un erro do Goberno Local non esperar a que o Constitucional se posicione sobre este imposto tendo en conta que cada vez hai máis sentenzas que anulan estas liquidacións. O imposto de plusvalia na teoria tendria que gravar o suposto incremento do valor experimentado polos terreos de natureza urbana no momento dunha venta ou cambio de propiedade .Pero a realidade deste imposto é moi distinta, porque se está aplicando con independencia de si esiste ou non un beneficio; afectando a obtención de valor experimentado por terreos urbanos que se poñen de manifesto no momento que se transmite por calquera título (venta, herencia, donación..) a sua propiedade ou calquera dereito real sobre o mesmo. Na actualidade tamén afecta aos negocios," que en moitos casos a pesar de que teñan que cerrar e rematar a súa actividade, teñen a abriga de pagar este imposto.

"Por iso recalcamos que non é o momento de implantar este imposto, e moito menos dando como argumento de que Tomiño é o único concello da comarca que non o ten", recalca González Miranda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones