Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O PP DE TOMIÑO SOLICITA QUE O CONCELLO ELABORE UN CONVENIO COA XUNTA PARA LOITAR CONTRA A PRAGA DAS PALMEIRAS

Propoñen que os servizos municipais elaboren un censo das palmeiras existentes e do grao de afectación do picudo vermello

Propoñen que os servizos municipais elaboren un censo das palmeiras existentes e do grao de afectación do picudo vermello

Fecha: 12 de Noviembre de 2015

Fuente: PP de Tomiño

Partido Popular de Tomiño solicitou ao goberno local que elabore un convenio de colaboración e formación coa Consellería de Medio Ambiente para loitar contra a praga de picudo vermello que afecta a gran parte das palmeiras do municipio. O voceiro dos populares, Esteban González, recordou que desde hai meses moitos exemplares están afectados por esta praga, e entende que a única posibilidade para conseguir resultados definitivos é actuar de xeito coordinado entre a Xunta e o Concello, pero tamén cos viveiros, coas empresas fitosanitarias e cos particulares, que asegura non son coñecedores do grave problema que estamos sufrindo. Así o defendeu durante o último pleno da corporación, no que todas a forzas políticas apoiaron esta moción, no que tamén propuxo que os servizos municipais elaboren un censo das palmeiras existentes en Tomiño, e o grado no que están afectadas polo picudo vermello.

Ademais desta moción, o grupo municipal do PP tamén presentou a debate, coincidindo coa conmemoración do 25 de novembro, un acordo para organizar actividades de coeducación, prevención e sensibilización da violencia de xénero entre o alumnado e coa colaboración dos centros escolares do municipio. A moción tamén recollía a elaboración dun plan de igualdade no ámbito educativo, co obxecto de que sirva de referente a toda a comunidade escolar en materia de coeducación e prevención da violencia de xénero, desde unha perspectiva estrutural, integral e transversal. Finalmente esta moción foi consensuda entre todas os partidos.

Outra das propostas presentadas polo grupo popular, e que foi aprovada por toda a Corporación Municipal, propoñía accións orientadas a promocionar o consumo da leite 100% galega. O PP defendeu unha moción que, dada a situación actual do sector leiteiro, pretende aumentar o consumo e diferenciar os produtos lácteos galegos no mercado. Entre os acordos inclúese solicitar á Xunta de Galicia a adhesión á campaña promocional "Galega 100%"; promover accións, xunto a colectivos sociais e empresariais, para levar a cabo accións de promoción da leite galega entre os consumidores; promocionar o leite entre os hostaleiros; ou solicitar á Deputación de Pontevedra que elabore un plan de apoio ao sector lácteo para mellorar a calidade do leite nas explotacións gandeiras en colaboración coas cooperativas, e de forma coordinada con outras axudas que se acheguen desde a Unión Europea, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente ou a Consellería do Medio Rural.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí