Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP PIDE Á DEPUTACIÓN QUE NON ABANDONE A MARCA TURÍSTICA RÍAS BAIXAS

Chema Figueroa puxo en valor o gran esforzo do anterior goberno para defender e potenciar o turismo da provincia.

Os deputados populares denuncian que o bipartito se está esquecendo do turismo.

Fecha: 19 de Febrero de 2016

Fuente: PP Pontevedra

O grupo provincial do Partido Popular pedirá no próximo pleno que a Deputación de Pontevedra non abandone nin deixe morrer a marca turística Rías Baixas, porque contribuíu a posicionar nacional e internacionalmente unha das zonas máis emblemáticas do literal galego, e porque axudou a que o turismo sexa un dos principais motores de desenvolvemento económico da provincia.

Así o defenderon os populares esta mañá, nunha rolda de prensa na que o deputado Chema Figueroa destacou o gran esforzo que se fixo desde a institución provincial nos últimos dez anos en materia de turismo, traballo que, xunto á importante profesionalización e implicación do propio sector, permitiu avanzar de xeito moi importante. Subliñou que o turismo xera o 12% do emprego e aporta o 11% do PIB da provincia de Pontevedra, e destacou o gran papel do sector privado, de empresas e asociacións que son exemplo a nivel nacional polo seu traballo.

A un mes de que se celebre a Semana Santa e, polo tanto, de que comece a temporada alta de turismo, os populares amósanse preocupados pola falta de actuacións e iniciativas que se están levando a cabo en materia turística desde a institución provincial. Recorda que o apoio que a Deputación de Pontevedra ofrecía aos 62 concellos da provincia era fundamental, e que pasaban por mellorar as infraestruturas e os servizos turísticos, desde a sinalización, ata a atención turística, plans de calidade, formación, bandeiras azuis, plans de accesibilidade... Pero tamén subliñou que a aposta que tiña o anterior goberno por potenciar novos sectores turísticos, como o turismo náutico, o turismo rural, o termalismo, o turismo gastronómico, de praias ou etnográfico, foron fundamentais para situar a marca Rías Baixas.

Nesta liña, Chema Figueroa dixo que nos últimos meses o goberno da Deputación esqueceuse de todas estas cuestións, a pesar de que ten medios suficientes para poder levar a cabo todo este traballo. "O goberno non se pode esquecer de que o turismo é un mercado estratéxico na nosa provincia", criticou, e por ese motivo defende que é importante traballar pola defensa, a calidade, a excelencia e a promoción das Rías Baixas. "É unha aposta segura para converter este destino en competitivo e diferenciado. Nós queremos que o turismo continúe sendo un sector estratéxico para a provincia", engadiu.

ESPAZO DE COMUNICACIÓN
Os deputados populares ofreceron a rolda de prensa no espazo que a Deputación de Pontevedra habilitou para os grupos políticos, que está no soterrado do edificio administrativo. A voceira Nidia Arévalo dixo que non é o lugar adecuado, non é cómodo non para os deputados, pero moito menos para os propios xornalistas, máis cando na Deputación hai outra sala totalmente acondicionada e habilitada para ofrecer as roldas de prensa.

Sobre a convocatoria que os socialistas tiveron esta mesma mañá nese espacio de comunicación, a voceira dos populares dixo que non ten ningunha dúbida de que ía ser a única en moito tempo que ían ofrecer nese lugar e que a ofrecían por cuestións de imaxe e para intentar aparentar que todos son iguais, cando a realidade é que hai deputados de primeira e de segunda, a pesar de que o PP é o grupo maioritario da Deputación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones