Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP sinala que a Deputación é a única responsable do estado de deterioro e abandono dos castros da provincia

Nidia Arévalo pide á presidenta que se deixe de confrontacións e comece a amosar unha actitude de colaboración con administracións, concellos e colectivos

Nidia Arévalo pide á presidenta que se deixe de confrontacións e comece a amosar unha actitude de colaboración con administracións, concellos e colectivos

Fecha: 07 de Octubre de 2016

Fuente: PP Pontevedra

O grupo provincial do Partido Popular amosou esta mañá a súa "sorpresa" polas críticas e a confrontación amosada pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, contra o Ministerio de Fomento. A voceira popular, Nidia Arévalo, sinalou que a única responsable do estado de deterioro e de abandono dos castros da provincia é a institución provincial, e explicou que Fomento está seguindo o protocolo asinado en marzo de 2015, e recordou que non pode realizar as tarefas de musealización ata que a institución provincial remate coa limpeza e coa consolidación dos castros.

"Estamos sorprendidos, non entendemos a estratexia que está seguindo Carmela Silva, porque o convenio é moi claro e as labores que lle corresponden a cada un están perfectamente recollidas no protocolo", sinalou Nidia Arévalo. Nesta liña, cuestionou "como pretenden que o Ministerio de Fomento poña en marcha as labores de musealización desde xa cando os castros amosan esta imaxe de abandono e cando aínda non está rematada nin a limpeza nin a consolidación". Destacou que teñen unha imaxe tan lamentable que ata algúns concellos están asumindo as tarefas de limpeza e corte das herbas.

A voceira popular salientou que desde o Ministerio lles trasladan que se está cumprindo co establecido, que hai comprometidos 4,3 millóns de euros para a musealización e sinalización, e que esta partida está garantida nos orzamentos xerais do estado. Ademais, para levar a cabo esta labor, o Ministerio xa convocou e adxudicou un concurso de ideas e xa están redactando a imaxe da ruta e os proxectos adaptados para os diferentes castros da provincia.

"Non sabemos se a presidenta está intentando desviar a atención e non ter que comprometer ese millón de euros que aínda está pendente, ou si o que busca é seguir a liña do alcalde de Vigo de apostar pola confrontación continua con todas as administracións, cos concellos e cos colectivos", engadiu.

Neste senso, pide a Carmela Silva "que cambie de actitude, que xa vale de confrontación e de oposición constante", e recorda que a Deputación é unha institución que ten que estar ao lado dos concellos, dos colectivos e colaborar co resto de administracións. "Non queremos unha presidenta como o alcalde de Vigo, sabemos que é da súa escola, pero lle pido que cambie as tornas, e que tenda a man a quen quere axudar, que tenda a man a todas as administracións, aos concellos e aos colectivos".

Como exemplo, o deputado Jose Enrique Sotelo referiuse ao estado do castro do Facho de Donón, en Cangas. Salientou que na Deputación de Pontevedra "hai un goberno escapista, que o único que pretende é culpar aos demais dos seus problemas, non sei si por falta de iniciativa ou de capacidade". Ademais, critica o "total desinterese" por un dos lugares arqueolóxicos máis importantes e interesantes da provincia, e considera que "a única explicación que ten é o pasotismo e a falta de iniciativa da Deputación, e non se poden escudar en que outros non fan o seu traballo".

Tamén a deputada Salomé Peña referiuse ao Monte do Castro, en Ribadumia, e recordou que desde finais de 2015 o PP está denunciando o abandono do xacemento. "Durante todos estes meses non se fixo ningunha labor de mantemento, e todo o invertido durante estes anos está soterrado baixo maleza". Ademais, criticou que "esa foi a estampa que nós estivemos amosando a todos os visitantes durante este verán".

Salomé Peña criticou con dureza que "durante estes meses o Concello e a Deputación estiveron pasándose a pelota e agora, despois desa imaxe lamentable, queren trasladar as culpas ao Ministerio".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones