Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O presidente da Xunta nomea o Goberno Galego

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou, o pasado sábado o decreto de nomeamento dos membros do Executivo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou, o pasado sábado o decreto de nomeamento dos membros do Executivo

Fecha: 14 de Noviembre de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou, o pasado sábado o decreto de nomeamento dos membros do Executivo, que queda conformado do seguinte xeito:


1-. Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Alfonso Rueda Valenzuela

2-. Conselleiro de Facenda. Valeriano Martínez García

3-. Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Beatriz Mato Otero

4-. Conselleira de Infraestruturas e Vivenda. Ethel Vázquez Mourelle

5-. Conselleiro de Economía, Emprego e Industria. Francisco Conde López

6-. Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Román Rodríguez González

7-. Conselleiro de Sanidade. Jesús Vázquez Almuiña

8-. Conselleiro de Política Social. José Manuel Rey Varela

9-. Conselleira do Medio Rural. Ángeles Vázquez Mejuto

10-. Conselleira do Mar. Rosa Quintana Carballo

 


VICEPRESIDENTE E CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA. ALFONSO RUEDA VALENZUELA

Naceu no ano 1968. Está casado e ten dúas fillas. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.

- Foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza, e Cambados e secretario-interventor da Mancomunidade da Paradanta

- Ocupou os cargos de xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e de director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia

- É presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra


CONSELLEIRO DE FACENDA. VALERIANO MARTÍNEZ GARCÍA

Naceu en Aldán (Cangas) en 1961, é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración.

- Desde 1985 é funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Economía e Facenda

- Ata o seu nomeamento como conselleiro de Facenda en febreiro de 2015 exerceu como secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia

- Anteriormente, entre outras responsabilidades, foi director xeral de Recursos Humanos do Sergas, director xeral de Transporte e auditor do Consello de Contas de Galicia


CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. BEATRIZ MATO OTERO

Naceu no ano 1965. É enxeñeira industrial con especialidade en Organización Empresarial pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao. Ten o Máster de Dirección e Administración de Empresas (MBA) pola Escola de Negocios MBA homologado pola Universidade da Coruña.

- Técnico de Sistemas na multinacional IBM

- Técnico comercial da multinacional RANK XEROX ESPAÑA S.A.

- Técnico do departamento de calidade na empresa de enxeñería NORCONTROL S.A.

- Formou parte do Igape, o Instituto Galego de Promoción Económica, onde puxo en marcha a Unidade de Información Empresarial adscrita ao mesmo e foi delegada da súa oficina territorial na Coruña

- Foi delegada provincial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na Coruña

- Como deputada no Parlamento de Galicia, na VII Lexislatura ocupou a Portavocía de Traballo


CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS E VIVIENDA. ETHEL VÁZQUEZ MOURELLE

Nacida en Santiago de Compostela hai 41 anos, Ethel Vázquez Mourelle é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña.

- Desde setembro de 2010 ata o seu nomeamento como conselleira en xuño de 2014 foi directora da Axencia Galega de Infraestruturas (antes Dirección Xeral de Infraestruturas)

- Con anterioridade foi presidenta de Augas de Galicia e da EPOSH (maio 2009 - setembro 2010), organismo no que traballou desde o ano 2003


CONSELLEIRO DE ECONOMÍA, EMPREGO E E INDUSTRIA. FRANCISCO CONDE LÓPEZ

Naceu en Monforte de Lemos en 1968. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola mesma universidade. Foi profesor da Universidade CEU San Pablo entre 1995 e 2009, onde ocupou diferentes responsabilidades:
- Director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman
- Secretario do Instituto de Estudos Europeos
- Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de 2002 a 2004
- Director de Relacións Internacionais de 2004 a 2005
- Vicerreitor de Relacións Internacionais de 2005 a 2009
- Foi asesor do presidente da Xunta de Galicia de 2009 a 2012

 

CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

Nado en Lalín en 1968, é doutor en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela, na que se licenciou con premio extraordinario e onde é profesor titular. Posúe un título de Máster en Desenvolvemento Local.

- É deputado autonómico e desempeñou o cargo de viceportavoz no Grupo Parlamentario Popular, así como portavoz nos eidos de Educación e Ordenación do Territorio

- Formou parte da corporación local de Lalín como tenente alcalde


CONSELLEIRO DE SANIDADE. JESÚS VÁZQUEZ ALMUIÑA

Naceu en Baiona en 1962. É licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, experto universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid e ten un Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña.

- Foi alcalde de Baiona entre os anos 2004 e 2015 e deputado provincial en Pontevedra desde 2003 ata 2015

- Foi director provincial do Sergas de Pontevedra, así como director-xerente, coordinador do servizo de Admisión, Documentación Clínica e Atención ao Paciente e médico do Servizo de Admisión do hospital Meixoeiro

- Con anterioridade, foi coordinador dos servizos de Arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente en Povisa, así como xefe do Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes no mesmo centro e médico no servizo de Urxencias

- Exerceu como médico de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Segovia


CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL. JOSÉ MANUEL REY VARELA

Naceu en Ferrol en 1975. É licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid e especialista en Liderado e Xestión Pública polo IESE Business School.
- Foi presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e concelleiro no Concello de Ferrol

- Entre os anos 2011 e 2015, exerceu como alcalde de Ferrol, municipio no que foi edil desde 2002 ata 2015 e onde tamén foi concelleiro de Facenda, Patrimonio, Emprego e Xuventude entre 2003 e 2007

- Foi deputado provincial na Coruña entre os anos 2007 e 2011

- Foi presidente do Consello da Xuventude de Ferrol e tesoureiro do Consello da Xuventude de Galicia


CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL. ÁNGELES VÁZQUEZ MEJUTO

Naceu en Melide en 1972. Acadou a licenciatura en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada. Así mesmo, é técnica en Información e Cultura.

- Foi alcaldesa de Melide entre os anos 2004 e 2007 e 2011 e 2015

- Previamente ás súas responsabilidades como rexedora, foi concelleira de Cultura, Deportes e Medios de Comunicación

- Foi deputada provincial na Coruña entre 2007 e 2009 e, posteriormente, deputada no Congreso dos Deputados por esa mesma provincia

- Na súa traxectoria profesional tamén ten experiencia xornalística como directora da radio municipal melidense e como correspondente en medios de comunicación


CONSELLEIRA DO MAR. ROSA QUINTANA CARBALLO

Naceu no ano 1959. É licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Bioloxía coa tese ‘Contribución ao coñecemento do desenvolvemento gonadal do mexillón galego cultivado'.

- Comezou a traballar como funcionaria na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura como inspectora pesqueira

- Ocupou os postos de xefa de sección de Inspección Pesqueira, xefa do Servizo de Marisqueo e de delegada territorial da devandita Consellería en Vigo

- Foi nomeada directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos

- Desde a súa licenciatura ata a actualidade participou como poñente en diversos cursos relacionados co mundo da pesca e publicou distintos traballos, tamén relacionados coa pesca, o marisqueo e a acuicultura

- No ano 2007, participou como experta da Unión Europea na celebración de seminarios sobre lexislación alimentaria na UE para produtos da pesca e acuicultura en Puerto Varas (Chile)

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones