Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O programa -Conectadas 2016- inicia esta semana 17 obradoiros en 12 concellos da provincia

17 novos obradoiros repartidos entre 12 concellos da provincia, entre eles o Concello de Tomiño

17 novos obradoiros repartidos entre 12 concellos da provincia, entre eles o Concello de Tomiño

Fecha: 26 de Septiembre de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O programa de Igualdade "Conectadas 2016" inicia esta semana, entre os días 26 de setembro e 2 de outubro, 17 novos obradoiros repartidos entre 12 concellos da provincia: Campo Lameiro, Cuntis, A Estrada (catro obradoiros), Lalín, Meis, Mos, Ponteareas (dous), Pontecesures, Sanxenxo, Tomiño (outros dous), Vilaboa e Vila de Cruces.

Estes obradoiros do programa elaborado polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra recollen temáticas moi diversas, que van dende as actividades físicas (zumba, ioga, ximnasia de mantemento), pasando pola artesanía e manualidades (traballos en tea, coiro, madeira e outros; costura creativa; iniciación á costura) ou a alimentación (conservación de alimentos, conservas artesanais; cociña e alimentación: hábitos saudables; tapas, petiscos e canapés), así como alfabetización dixital (fotografía e edición) e psicoloxía (risoterapia, mindfulness), entre outros.

Lembramos que "Conectadas 2016" ten como obxectivo potenciar a participación e promoción das mulleres, mellorar a súa formación básica e favorecer as relacións interpersoais en igualdade, así como o intercambio de experiencias. Faino mediante accións formativas e coa incorporación de maneira transversal dos principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación nos distintos eidos persoal, laboral e familiar. Ademais, tamén pretende contribuír á mellora da empregabilidade das mulleres e o seu mantemento no mercado de traballo, reducindo a brecha dixital mediante o emprego da información e as novas tecnoloxías.

As actividades estanse a realizar ao longo de 60 concellos da provincia e son máis de 5.000 alumnas e alumnos os que se beneficiarán en total do programa. Cada un dos cursos ten unha duración de 35 horas e precisa un mínimo de 15 persoas participantes, organizándose en grupos de entre 20 e 25 persoas como máximo e con preferencia ás mulleres. Só un 25% das prazas se reservan para homes, agás no caso dos cursos relacionados coa cociña e alimentación, onde a distribución de prazas está a ser mixta.

"Conectadas 2016" é unha iniciativa desenvolvida polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra. Esta área, que se creou por primeira vez esta lexislatura, ten como finalidade funcionar non como un departamento independente, senón integrado nas distintas áreas da institución provincial para implantar criterios de Igualdade entre mulleres e homes en todas as iniciativas que se desenvolven dende a institución provincial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones